Rosalía-Caldas: a polo cuarto partido invictas non Seixo

O noso Cadete afronta o seu segundo partido do ano en casa tralo empate contra o líder na xornada 10 (17:00 h, Municipal do Seixo).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía disputa un novo encontro de Liga e o segundo en casa deste 2022. O noso filial, que recibe ao Caldas (17:00 h, hoxe) na decimoterceira xornada da Liga Galega Cadete, intentará continuar coa racha e sumar o seu cuarto partido consecutivo invictas no Municipal de O Seixo.

O conxunto dirixido por Sobrino empezou o ano con dúas derrotas a domicilio e un empate na casa fronte o líder Victoria CF. As azuis queren máis e buscarán no Municipal de O Seixo o seu quinto triunfo no que vai de curso. Para iso, o ‘filial’ deberá seguir co seu bo facer de cara a porta como demostrou ante as caldenses na primeira volta (once goles marcados nas Corticeiras).

O Cadete buscará a sua primeira vitoria do ano no Seixo.

O técnico, que non poderá contar, por segunda xornada consecutiva, con Laura Añón, recluta a tres infantís na convocatoria de 16 para esta tarde:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA:
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Sofía, Matilde, Noa, Silvia, Aroa, Aitana e Miriam.
Centrocampistas: Ester, Candela Bouzas, Sara Rodríguez e Lucía Caride.
Dianteiras: Nerea, Claudia e Zaira.

Caldas
O rival de mañá do Cadete atópase na oitava posición cun balance de dúas vitorias, un empate e oito derrotas. O equipo caldense quere revertir a dinámica do último encontro e sumar os tres puntos contra o noso filial, sumando desta maneira a súa segunda vitoria a domicilio no curso.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content