Saa: “Creemos que non foi xusta a derrota”

As mozas saben que se esforzaron e se baleiraron no campo“, indicou o técnico.

Saa dando indicacións nun momento do partido.

Miguel Saa atendeu aos medios de comunicación trala partida fronte ao Mos ‘B’. O adestrador dixo: “Foi un partido que tivo dous tempos moi diferenciados. No primeiro, elas estiveron máis intensas e máis agresivas e a nós puidéronnos os nervios; no segundo, foi ao revés e creemos que non foi xusta a derrota, pero bo o fútbol é así”.

“Foi un partidazo nunha mañá boísima e cun gran ambiente. Este tipo de mañás xera sentimento de club e iso é o máis importante a pesar do resultado final”.

Partido decidido en detalles
“Si, realmente elas foi o seu único golpeo a porta e tiveron unha eficacia de 100%. Nós, ademais do penalti, ben é certo que só xeramos dous ou tres ocasiones máis pero non logramos materializalas”.

¿Afectará la derrota a la moral?
“As mozas saben que se esforzaron e se baleiraron no campo e ao final todo ese esforzo quedou sen premio. Tocaranos explicar e tratar de corrixir pequenos detalles durante a semana”.

¿Qué les dijiste a las jugadoras?
“Elas saben o que opino delas e saben que cando fan as cousas que se lle piden non se pode estar máis orgulloso delas”.

Ambientazo
“Moi ben a xente, moi ben as nenas da base, ás que hai que agradecer como nos animaron todo o partido e é un orgullo ver que tratan de animar ao primeiro equipo”.

Mellor partido da tempada
“Non foi o único día que se xogou ben e víronse outras boas mañás de fútbol en Oira. Oxalá sirvan mañás como a de hoxe para asentar este deporte na sociedade ourensá”.

Debut de Claudia e Silvia
“Tanto Silvia como Claudia aínda non xogaran en partido oficial, pero si adestraron varias veces e eu coñézoas do Cadete e era algo que pedían a gritos. Realmente realizaron un gran traballo nos minutos que estiveron e é de destacar que Silvia aínda é infantil, pero xogou como unha veterana”.

Roberto Sueiro durante un lance do encontro.

“En canto ao resultado, un empate sería o mais xusto”

ROBERTO SUEIRO, adestrador da UD Mos ‘B’

Unha vez terminado o encontro, Roberto Sueiro non dubidou en atender á web do club para dar a coñecer as súas impresións: “Partidazo con todas as palabras. Para min, o repito mil veces, o Rosalía é o mellor equipo da Liga con diferencia, por xogo, por actitude, por intensidade, por todo, sen dúbida”.

“A primeira parte creo que a dominamos nós, somos fieis ao noso estilo pero a segunda cambiou completamente. O Rosalía tomou a iniciativa, tivo moita máis intensidade que nós e tivemos sorte que a nosa porteira parou o penalti. En canto ao resultado, un empate sería o mais xusto”.

Detalles
“Dúas accións que golpea Candela perfectamente e entra e nun penalti que nosa porteira para. Son dúas accións que se podían decantar para un lado como. para o outro. O partido estivo moi igualado, cunha parte para cada equipo. Foi un partidazo ante o mellor equipo da Liga sen dubida”

Xornada redonda
“O estábamos escoitando agora, perdeu Lóstrego co Peñasco, pero ben, eu penso que os catro que estamos aí seremos os catro que quedemos nesas posicións. Non sei se nas mesmas ou irán cambiando pero estou case completamente seguro que será así”.

Igualdade na clasificación
“Nos temos un partido menos e a única diferencia é que nós si que lle gañamos ao Lóstrego na casa e aí nos distanciamos algo máis, unido a vitoria de hoxe do Peñasco pois si que nos da un colchonciño que nos fai falla, xa que os puntos se escapan en calquera partido”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content