Rosalía-Pastoriza: volve a liga

As de Alberto Tamayo regresan á competición este domingo (12:30h; Campo Municipal de Oira, tiivii.gal) co obxectivo de manter o pulso na zona alta da Primeira División Galega.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía regresa á competición despois do parón da pasada semana. O equipo ourensán recibe este domingo á S.C.D. Pastoriza no Campo Municipal de Oira, nun duelo correspondente á 28ª xornada da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP.

O conjunto pontino chega á cita na terceira posición da táboa, con 62 puntos, empatado coa S.D. Antas e a catro puntos do Atlético San Pedro. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo sumaron 10 triunfos, 2 empates e unha soa derrota en casa. O equipo volve xogar ante a súa afección despois de reencontrarse coa vitoria na última xornada, na que se impuxo por 0-3 ao Sárdoma ‘B’. Antes, o noso sénior empatara fronte ao Carral, gañado ao Lóstrego ‘B’ e ao Orzán ‘B’, e caído ante o San Pedro na súa única derrota en casa ata o momento, polo que buscará dar continuidade ás boas sensacións no tramo decisivo da tempada.

O precedente entre ambos os equipos confirma que o Pastoriza é capaz de expor partidos incómodos. Na primeira volta, disputada en Arteixo, adiantouse no primeiro minuto por medio de Antía Vázquez e obrigou ao Rosalía a remontar na segunda parte, nun encontro que se decidiu no tramo fina cando Candela igualou o encontro no 51’ e Irene asinou o gol da vitoria no 84’.

“Quedan partidos moi importantes e queremos competilos con ambición, concentración e respecto por cada rival”, Alberto Tamayo

“Volvemos con moito ganas despois do parón. O equipo traballou ben e sabemos que en casa temos que ser fortes”, explicou noso técnico na previa do encontro. O técnico tamén destacou a importancia de manter a esixencia: “A clasificación fala ben do traballo das xogadoras, pero non podemos mirar máis aló o partido de mañá. O Pastoriza xa nos esixiu moito na primeira volta e teremos que facer as cousas moi ben para sumar os tres puntos”.

CONVOCATORIA

O rival
A S.C.D. Pastoriza chega a Oira na décimo cuarta posición da táboa, con 16 puntos, despois dunha tempada esixente na que alternou momentos de dificultade con partidos competitivos ante rivais da zona alta. O conxunto de Arteixo presenta un balance de 4 vitorias, 4 empates e 19 derrotas, con 25 goles a favor e 58 en contra. A pesar de a súa situación clasificatoria, o Pastoriza chega reforzado polo seu último resultado ligueiro, unha vitoria por 3-2 ante o Sporting Burgo que lle permitiu cortar unha dinámica negativa de catro derrotas consecutivas. Ese triunfo converte ao equipo visitante nun rival que afrontará a cita con confianza renovada e sen nada que perder. En ataque, a súa principal referencia é Sabela Veiga, autora de 11 goles esta tempada. Tamén destacan María Candela, con 7 tantos, e Antía, con 5, precisamente a xogadora que abriu o marcador no partido da primeira volta ante o noso equipo.

Check Also

1-0: Rosalía xogará o playoff de ascenso a Terceira Federación

O equipo pontino superou ao Antas en Oira cun gol de Candela no minuto 73′ …

Ir o contido