Rosalía-San Mateo: A seguir con boas sensacións

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete encara este sábado o partido contra San Mateo, o primeiro que se disputará da Fase consolación no Municipal do Seixo.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfróntase mañá sábado nun importante duelo ligueiro para empezar con boas sensacións a Fase consolación, no Municipal do Seixo a partir das 18:00 horas. As azuis chegan desexosas dunha nova vitoria para poder encarar esta nova fase de maneira positiva. Non é un partido calquera, é o primeiro. Esquecerse da primeira fase para poder sacar algo positivo do terreo de xogo.

Na outra cara da moeda atópase San Mateo, que buscará desquite das dúas derrotas fronte ás pontinas da 1ª fase. No plano deportivo, o técnico azul contará coa volta a unha convocatoria de Cuquejo, Sofía e Oswa, onde sigue sendo baixa Ester, non recuperada de sua lesión.

Cuquejo disputou seu último partido o 15 de xaneiro.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Aroa, Silvia e Sofía.
Centrocampistas: Cuquejo, Nieto, Sara Rodríguez, Bonjoch, Lucía Caride e Oswa.
Dianteiras: Nerea, Claudia e Noa.

O duelo estará dirixido polo colexiado Yago Domínguez Del Pino.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content