Rosalía-Victoria “C”: Amigable na xornada de descanso.

O conxunto azul afronta un partido de preparación (11:30 h; Monte da Aira) na súa xornada de descanso no Grupo E da 2ª División feminina.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta mañá un encontro de preparación, aproveitando a súa xornada de descanso, enfrontándose ao Vitoria FC “C” no Monte da Aira (11:30 h). Será polo tanto un novo partido de preparación do conxunto que adestra Saa antes de recibir a próxima semana ao Comercial na quinta xornada de Liga. O de mañá será o segundo enfrontamento entra ambos equipos este ano. En pretemporada, eran as pontinas as que viaxaban a Santiago para xogar un amistoso que terminou con vitoria do conxunto azul por tres goles a dous.

O obxectivo das azuis é non perder ritmo para a competición oficial e dar continuidade ás sensacións que permitiron sumar a vitoria nos seus tres últimos encontros, contra o Lalín (0-7), Monteforte (16-0) e o Milagrosa (0-5). Catorce deses 28 tantos que marcaron as pontinas nestes tres partidos chegaron grazas á sociedade que forman Zaira (8) e Noui (6), autoras dos goles no partido de pretemporada en Santiago.

“Trataremos de facer que as xogadoras non perdan o ritmo, que algunhas das mozas que non debutaron poidan facelo, as que saen de lesion poidan empezar a ter boas sensacións e de paso aproveitar para facer probas pensando no que nos queda por diante”, sinalou o técnico en declaracións á web do club.

Encadrado no Grupo C
O Victoria esta situado na cuarta posición do Grupo C da 2ª División Autonómica Feminina. O seu balance ata o momento é dunha vitoria, contra Pastoriza “B” (3-0), por dúas derrotas, contra CEE (4-0) e Noia (2-1) e cero empates.

Convocatoria
Miguel Saa chamou a 16 jogadoras:
Porteira: Rocio.
Defensas: Isis, Bea, Noa Domínguez, Celsa, Sequeiros e Yadira.
Centrocampistas: Lidia, Aida, Fírvida, Aldarita, Saray e Sabela.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content