O equipo preparou no Monte da Aira o partido da última xornada de Liga da primeira fase (sábado, 17:15 h, Monte dá Aira).
O plantel do equipo infantil se ejercitó no día de onte en Monte dá Aira e completou o último adestramento previo ao partido deste sábado fronte ao Lóstrego, correspondente á última xornada da primeira fase da Liga Infantil Galega, que se disputará no Monte dá Aira (17:15 h). A sesión realizouse baixo as estritas normas sanitarias debido á pandemia do COVID-19.
As xogadoras adestradas por Alba Rodríguez e Vane Abadín preparáronse para un partido que confirme a melloría do equipo nos último encontros. O seu rival, Lóstrego CF Gondomar, está situado no terceiro posto da táboa clasificatoria a unha distancia de 4 puntos. No partido da primeira volta venceron as azuis por 2-4, pero a diferenza conseguírona as pontinas nos último minutos do encontro.
Unha vez conseguido o obxectivo de pasar á segunda fase como primeiras de grupo “Afrontamos o último partido da primeira fase coas mesmas ganas que os anteriores pero con menos presión”, sinalou Alba en roda de prensa. Motivo polo cal a adestradora dará minutos ás menos habituais cara a ter na mellor forma a un plantel moi amplo, que só conta coa baixa de Xiana Cortés, xogadora que aínda non puido adestrarse esta tempada por lesión.
Para a adestradora, ao non xogar coa presión do resultado, o partido será “para gozar e seguir aprendendo e mellorando”. Alba citou a 16 xogadoras para mañá:
Porteiras: Aldara Rivera y Valeria.
Defensas: Silvia, Lucía Pérez, Sofía, Antía.
Centrocampistas: Cuquejo, Sara Rodríguez, Xiana Carballo, Candela Bouzas, Nerea e Sara Bonjoch.
Dianteiras: Victoria, Candela Sanmiguel, Nerea.
Todos os afeccionados que queiran asistir ao partido deberán rexistrarse na seguinte dirección:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeTkmoUahwPmUAJzbokTDlly1jNwKOcPPQlY0yFHLO7Td6EHw/viewform?usp=sf_link