Otero: “Hoxe si vimos o Rosalía que queremos”

Un partido que, apesar de ser amistoso, ambos equipos tomáronno moi en serio e do que saímos moi contentos querendo seguir nesta liña de traballo“, dixo o segundo adestrador.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía xogou un amigable fronte ao Vitoria FC aproveitando a xornada de descanso na Liga, exercendo como adestrador Jonny Otero. O técnico neste partido dixo:
“Un encontro contra unhas rivais que nos esixiron moito e que nos serve para probar cousas novas pensando na competición como que algunhas das xogadoras probasen en posicións ás que non están afeitas ou nas que nunca xogaron e así ver como se desenvolven para ter máis opcións logo de cara á competición”.

“Desde o principio o equipo levou o control do partido e hoxe si vimos o Rosalía que queremos, levando o ritmo do partido e tendo a posesión do balón en todo momento”.

Minutos ás menos habituais
“Hoxe as xogadoras que saíron desde o banquiño entraron moi serias e con moi bo ritmo ao partido o que lle ten que valer ás que normalmente están no once titular para que non baixen o ritmo nin se despisten porque as suplentes están moi ben e calquera podería quitarlles o posto”.

Porteria a cero
“Algo moi positivo e a ter en conta é deixar sempre a portería a cero e un partido no que Rocío xogou moi ben chegando a participar en moitas xogadas e seleccionando moi ben a que xogadora darlles o balón en inicio de xogada”.

Celsa, estreo e lesión
“Celsa fíxose dano no seu xeonllo ao saír ao corte nunha xogada polo que tivemos que cambiala xa que tiña o xeonllo algo inchado e esperemos que só quedase nun susto e fose máis nada que un golpe”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido