Saa: “O grupo non se merece este final”

Somos un equipo moi novo con falta de experiencia nestes partidos“, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación do club en zona mixta da Bouza tralo encontro das semifinais de ascenso a primeira. O adestrador dixo: “O partido foi moi disputado, pero sen ocasións claras para ningún equipo. Nós habemos ter catro ou cinco centros ao área mediante balón parado e elas estiveron atentas a un movemento o noso na saída de balón e no seu único tiro a porta fixeron o gol da vitoria”

Presión
“Creo que si que puido ser unha losa para o equipo a falta de experiencia en partidos importantes. Somos un equipo moi novo con falta de experiencia nestes partidos e eso sempre crea algo de nerviosismo que pode afectar no rendemento final”.

Eliminación
“A eliminación foi un castigo demasiado grande, realmente o grupo non se merece este final. Falámolo na previa que non é o tipo de torneo máis xusto, pero sabiamos que sería así desde que empezamos a tempada”.

Factor campo
“O campo non foi un gran problema, ao final ten unhas medidas similares a velle e o céspede non estaba do todo mal. A nivel afeccionados estabamos igualados si non en superioridade, o cal debemos agradecer a toda esa xente que leva todo o ano siguiendonos e ata vendo partidos desde fóra dos terreos de xogo. No que si puido influir foi no penalti non pitado. Seguro que en casa o penalti, que é clamoroso o houbesen pitado e a agresión da súa central fose tarxeta vermella, pero aínda así poderiamos perder igualmente, xa que o Umia foi un gran rival”.

Detalles
“Ao final o futbos é así, nun segundo todo pode cambiar. Unha imprecision nunha saída de balón pódeche condenar, ó igual que as puido condenar a elas unha mala decisión nun despexe que deixou a Zaira soa diante da porteira e obrigounas a facer o penalti que o árbitro estimou que non era. Ao final nunha milésima de segundo tes que decidir e é moi difícil non equivocarse nunca”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content