O equipo senior volta a competición esta fin de semana, nesta ocasión xogando a domicilio. Mañá viaxan á Comarca do Salnés para xogar fronte a SD Noalla (domingo, 17:00h, A Lanzada).
Tras conseguir a victoria no Monte da Aira, as de Canal adestraron esta semana movementos tácticos para afrontar con forza e mellorar os derradeiros erros defensivos. Esta xornada se enfrentarán a un equipo forte na casa con duas ou tres xogadoras dun nivel superior “O Noalla é un equipo con xogadoras de nivel. Podo decilo porque vinas xogar. Ten 3 xogadoras de nivel que marcan a diferencia con respecto o cómputo xeral de xogadoras da liga”, comentou o técnico na previa. Canal e Juanma convocan a 15 xogadoras para o partido de mañá.
Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Noa Domínguez, Isis, Andrea e Feijóo
Centrocampistas: Aldarita, Alba, Patricia, Ainara, Sabela, Yadira e Noa Fírvida.
Dianteiras: Zaira e Aitana
O rival
A SD Noalla encara o partido despois de duas derrotas consecutivas colocándose no noveno posto da clasificación cun balance de 6 victorias e 4 derrotas. No seu campo só perderon un partido, fronte o Balaidos CF, nos demáis non encaixaron goles.
Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido a disputar entre o Balaídos e Gondomar FB, un equipo que está indo a máis na competición. O líder, Chispa visitan A Bouza nun partido entre dous equipos que se coñecen ben. Pola parte baixa mídense Ponte Caldelas e Mosteiro, ambos coa idea de sumar os seus primeiros tres puntos. Vilariño recibe ao Juventud de Cambados coa firme idea de romper no San Pedro a racha negativa dos derradeiros partidos.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 CD Mosteiro – CD Bueu
16:30 Balaidos CF – Gondomar FB
17:00 SD Noalla – EFF Rosalía
17:00 Umia CF “B” – SD Chispa
18:15 SD Puentearnelas – EDVM Pereiró CF
18:30 SCD Ponte Caldelas – Marín CF
19:00 Racing de Vialriño – Juventud de Cambados
Descansa SpC San Mateo