“É un equipo con xogadoras de nivel. Podo decilo porque vinas xogar ”, resaltou o técnico ourensano.
Iván Canal recoñeceu ante os medios de comunicación a dificultade do partido do domingo fronte a SD Noalla: “O Noalla vai ser un rival compricado de gañar. Ainda que perdera todos os partidos ata agora iría coa mesma sensación de respecto hacia ese equipo, coñezo algunhas xogadoras que como dixen, teñen nivel para facernos dano e complicarnos o partido”.
“Ten tres xogadoras de nivel que marcan a diferencia con respecto o cómputo xeral de xogadoras da liga. É un partido especialmente importante para seguir nos postos de arriba”.
Erros defensivos
“Os erros defensivos hai que traballalos e precísase tempo para correxilos. Esperemos non cometer os mesmos esta semana e estar mellor en defensa”.
Mellorar tácticamente
“Empezamos a traballar conceptos tácticos o martes mediante principios defensivos e coñecemento do espacio de xogo en zonas. Nun adestramento e imposible mellorar, precisase moitos adestramentos para iso e interiorizar conceptos. Neso estamos”.
Potencial do Noalla
“Contan con tres das mellores xogadoras da liga. Unha central alta, forte, boa tecnicamente, que lee o xogo, rápida e con bo tiro ademais de ter bo xogo aéreo rematando córners. Na banda esquerda contan cunha interior moi técnica e considero que é unha das xogadoras máis rápidas, condicionalmente, da liga. E logo contan cunha dianteira que ten gol e moi técnica de superior categoría que ademais lee moi ben o xogo. Non vai ser nada fácil gañar”.
Seguir avanzando
“As rapazas teñen que seguir dando todo nos adestramentos e ter a concentración e as gañas de aprender novos conceptos. O equipo ten que ir avanzando e mellorando. Teñen que dar todas as xogadoras e todos os técnicos o 100% sempre”.