Sobrepasadas no Municipal de Oira

Goleada en casa no que os erros propios foron unha laxa demasiado pesada, varios defensivos e a expulsión de Lucilú, que non estará ante o Ordes.

Dolorosísima derrota e dura tarde no Municipal de Oira para o Cadete, que cae a metade da táboa clasificatoria ligueira tras caer goleado ante un Xuventú de Aguiño que exhibiu toda esa pegada da que adoeceron as de Tamallo. Para máis inri, tampouco se viu un equipo contundente atrás, o dobrete de Carla foi completado no segundo acto polos tantos de Oumka, Sofía Millán e Úrsula. Mesmo Antía errou nun remate desde os once metros e Lucilú viu un cartón vermello que lle fará unirse á lista de baixas para o choque da próxima fin de semana en casa ante a SDC Ordes.

Non foi xa un bo inicio de partido para o Cadete e apenas houberon de pasar unhos segundos do minuto 1 para corroboralo. Foi o que tardou Carla Sanda para quedarse man a man con Paula e marcar o primeiro. As de Tamallo esperaban atrás con liñas xuntas e tentando algunha oportunidade para saír, como a que tivo Antía pola esquerda aos 16′ de xogo. Con todo, o seu remate atopou a Abigail moi atenta. Tras ese primeiro intercambio de golpes, as de Tamallo empezaron a facerse donas da posesión e encerraron aos coruñesas en campo propio. Pero non lograron abrir seu marcador a pesar dos remates de Nair, Clau e o máis claro de Antía, que recibe un centro desde a dereita de Clau e no punto de penalti remata alto.

Todo saíu ao revés nunha segunda parte na que o Xuventú culminou a súa goleada

A volta de vestiarios repetiuse o mesmo guión que ao comezo do partido. Tan só cumpríanse 30 segundos desde a continuación e Oumka marcaba o segundo tras adiantarse a Nair e superar na saída a Lucilú. Tentou, aínda que sen acerto cara porta, Candela Losada desde a esquerda nunha acción na que a interior remata desviado un centro de Clau. E antes de que dese tempo a seguir insistindo, Sofía Millán sacouse da manga o terceiro para volver distanciar o marcador. Foi cun balón longo ás costas das centrais, adiantouse en velocidade e picou ante Lucilú. Inmediatamente despois chegaron outros dous de Carla e Úrsula, este último cunha gran golpeo de lonxe que sorprende á nosa gardameta por alto (0-5, minuto 57′). O problema é que na outra portería non había a mesma puntería e así se testemuñou xusto á hora de partido, cando Candela Losada non acertou entre paus fronte a Abigail tras un bo roubo de Alma en campo propio.

Á terceira obtivo o seu premio a interior. A xogada transcorreu aos 63′ minutos de xogo tras unha rápida transición de Nair, seu pase deixa soa ante a portería a Candela Losada, que cruza o balón ante a saída da gardameta visitante. E como a can fraco todo son pulgas, aínda por riba de males, Lucilú viu cartón vermello a dez para o final tras derrubar a Erikah nun balón dividido fóra da área que o colexiado do encontro, Daniel Cabano Docasar, estimou que merecia tal castigo. O posterior lanzamento de falta por parte de Carla sae rexeitado do traveseiro e bota na liña. Reconto máis que negativo tras un partido que situa ás nosas en metade da táboa.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content