Tobaruela: “Agora hai que valorar cada semana o rival que temos diante”

“Gondomar é un partido especial para min, no sentido que foi o primeiro partido oficial que disputei co Rosalía e é especial nese sentido”, explicou o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminino Rosalía o día previo ao partido da décimo cuarta xornada de Liga (13.00 h; Municipal das Cercas). O técnico analizou disputar ata o de agora e o que é pera ao equipo na segundo volta: “Nesta segunda rolda que empeza agora, o interesante é non perder a estela do Lóstrego. Chegar ao partido que nos enfrontemos, que non falta tanto, creo que tres ou catro partidos, con tres puntos de diferenza e empatalos e gañar polo gol-average”.

“Teño que decir que esta segunda volta vai ser bastante interesante no sentido de que hai varios equipos que están a pisarnos os talóns, falo do Porriño, falo do Pontellas, falo do San Mateo, equipos que están a facer una moi boa tempada. Non te podes descuidar, creo que vai haber sorpresas, vanse perder puntos e creo que entra dentro da lóxica que se perdan puntos e haber contra quen se perden eses puntos e como nos recolocamos e como é a situación final”.

O primeiro posto decídese no partido con Lóstrego ‘B’
“Poño un exemplo, Racing Vilariño, son equipos como está a pasar actualmente, que cando veñen aquí ou imos aos seus campos saen con once xogadoras case no borde do área, pechadas e é moi difícil marcar gol, costa moito abrir a lata. Creo que vai ser moi interesante niso ou mesmo o Arenteiro, que está nunha racha de intensidade moi forte, tamén van ser xuiz da contenda porque pode ganar a calqueira”.

Rivais pechados atrás
“Agora hai que valorar cada semana o rival que temos diante, tendo en consideración esta defensa de once xogadoras detrás do balón dos equipos rivais, temos que traballar mais ou centrarnos mais nos mecanismos para conseguir abrir a lata. Haber esta xornada que nos atopamos en Gondomar, gustaríame decir que Gondomar é un partido especial para min, no sentido que foi o primeiro partido oficial que disputei co Rosalía e é especial nese sentido”.

“Hai que chegar con todas as xogadoras motivadas e una xogadora senon xoga non está motivada”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Senior

Rotacións fronte equipos ‘máis asequibles’
“Falar de equipos máis asequibles e equipos menos asequibles sen faltar ao respecto ao rival é complicado. O que está claro, por nivel de xogadoras, sobretodo que principian este ano a xogar ao fútbol, como no caso do Gondomar, como pode ser no Ponteareas, hai equipos que nese sentido son rivais máis floxos, simplemente por una coxuntura determinada. Eso non quita que vaian a poñer problemas, que seguramente porán e por iso non hai que ir confiados. Claro está, eu teño agora algunhas xogadoras que están acumulando minutos, a Liga é longa e esas rotacións son, primeiro para alentar as xogadoras que xogan menos e segundo para dar descanso a otras xogadoras que xogan mais. Equiparar porque ao fin una liga é a suma de todos os esforzos e eu son dos que pensa que ao final de liga hai que chegar con todas as xogadoras motivadas e una xogadora senon xoga non está motivada”.

Partido en Gondomar
“Agardo un partido cun Gondomar defensivo, sempre cando planifico un partido, sempre intento facer a táctica do espello, como digo eu. Se eu fose o outro adestrador e competise contra min, qué faría e, evidentemente, o adestrador do Gondomar é consciente de que a por nós non pode vir, no sentido de deixar espazos por detrás da sua defensa porque ahí é cando nós somos mais perigosas, eso o saben todos os adestradores. Entón, creo que vai a intentar reducir esa distancia entre portería e as costas da liña de centrais”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content