Tobaruela: “No fútbol non está todo dito, hai que xogar os partidos”

“Nos imos a sair a por todas”,  declarou o técnico catalán

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía despois do último adestramento previo á segunda xornada de Liga (domingo, 10:00 h; Federativo de Coia). O técnico azul analizou o encontro ante o Balaidos en Vigo: “Evidentemente queremos seguir sumando. O obxectivo da tempada, como xa sabemos e o dixen varias veces, é intentar ascender a primeira galega. Daquela, para posicionarse ben de cara ao playoff de ascenso hai que estar arriba de todo e se pode ser en primeira posición, porque é una posición que a hora dos cruzamentos é una posición privilixiada”

Rival
“No fútbol non está todo dito, hai que xogar os partidos, non creo nos partidos que se gañan sen baixar do autocar. Eso sería una falta de respecto cara as rivais. Nos imos a sair a por todas e, como mínimo, o que lle podo esixir as miñas xogadoras é que fagan o traballo semanal e que cumpran nese sentido”

“A miña misión é que non baixen a garda”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Relaxación
“Eso é un ingrediente mais que hai no mundo do fútbol. A niña misión é que non baixen a garda. O aspecto psicolóxico é moi importante cando xogas un partido de fútbol e neste sentido estou prevido para que non pase”

Noa
“Alégrome moitísimo de que a lesión de Noa, nun primeiro momento poderái ser mais grave, que quede nunha lesión importante pero non moi grave. A tempada é moi longa, hai baixas, hai altas e esto é así continuo. Esta semana falaba co presidente que as tempadas son moi longas e nunca sabes o que vai a pasar e sobretodo esto é fútbol e entra dentro da normalidade”

Estado anímico do equipo
“O equipo está motivado, está traballando moi ben. Estamos traballando un novo sistema de xogo, o terceiro que practicamos e empezan a asimilalo ben e seguimos, pouco a pouco, subindo chanzos”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content