Balaidos-Rosalía: A pola segunda vitoria na liga

O noso equipo xoga no Federativo de Coia tras o triunfo da semana pasada na Ponte (19:00 h; domingo).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta a segunda xornada de Liga co obxectivo de dar continuidade ao bo inicio mostrado a semana pasada contra o Gondomar. Nesta ocasión, as de Tobaruela enfrontaranse ao Balaidos no Federativo de Coia (19:00 h; domingo) para buscar a segunda vitoria no campionato.

O actual líder xoga o seu primeiro partido fóra de casa, nun calendario de Liga que comeza con catro partidos no mes de outubro. Despois do triunfo na Ponte e o partido deste serán en Vigo, a seguinte parada será contra o Pontellas no Municipal de Oira (domingo 16 de outubro, 12:00).

“Non creo nos partidos que se gañan sen baixar do autocar. Eso sería una falta de respecto cara as rivais”, dixo Tobaruela na rolda de prensa previa ao partido. O técnico catalán conta na convocatoria con Zaira. A barbadesa dáselle moi ben o Balaidos, xa que lle marcou 5 goles no últimos tres enfrontamentos. Pola súa banda, outra rosalía que chega en refacho a este cita é Ester. A centrocampista debutou no campionato con tres goles en 45 minutos. Por outra banda, seguen sen recuperarse dos seus respectivos problemas físicos, Silvia, Rocío, Aldarita, Noa, Vicky e Sara Rodríguez. En canto ás recuperadas, destaca a volta de Yadira despois de dous anos e Feijóo.

Yadira volve a unha convocatoria desde maio de 2021.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA

Porteira: Valeria.
Defensas: Yadira, Matilde, Laura, Sabela, Feijóo e Lucía.
Centrocampistas: Aroa, Fara, Ester, Bonjoch, Candela Bouzas e Antía.
Dianteiras: Noui, Silvia Chao e Zaira.

Balaidos
O conxunto vigués arrinco a liga cunha derrota (11-0). No seu primeiro partido visitou en Chaín ao Lóstrego CF e recibiu un contundente resultado. O balance en Vigo entre os dous equipos é dun empate e unha vitoria para as azuis (na tempada 2019-20 non se disputou pola cancelación do campionato na pandemia da covid-19)

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content