Tobaruela: “O equipo soubo resolver un partido complicado e esixente”

“Partido moi disputado, intenso e esixente no un para un, que se decidiu por detalles despois dun gran esforzo por parte das xogadoras”, resaltou o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Campo de Santo Campio-2 para valorar a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía fronte a Pontellas na 16.ª xornada do campionato ligueiro: “Este partido contra o Pontellas era importante gañar. Gañar para manter a curta distancia dun punto co líder, o Lóstrego, que a semana pasada no seu propio campo non pasou do empate ante este mesmo rival. Así seguimos dependendo de nós para intentar rematar esta liga na primeira posición e pasar á fase de ascenso coa ventaxe que este feito aporta.

“Tamén era importante gañar para reforzar a confianza das xogadoras”.

Partido intenso
“Foi sen dúbida un partido intenso desde o asubío inicial. O Pontellas saíu a por todas e no primeiro cuarto de hora foron donas do partido. Nós iniciamos mal, aínda que estabamos advertidas e preparadas para que non pasase. Porén, pouco a pouco fomos controlando o partido e fomos quen de acabar impoñéndonos. Tivemos ocasións moi claras para marchar máis comodamente no marcador, pero erramos diante do gol. E iso fixo que o Pontellas estivese metido en partido ata o minuto 90”.

Partido según o guión
“Efectivamente, o partido transcurríu segundo o guión previsto. No descanso tiven que facer un pequeno axuste técnico-táctico e máis nada. O único que hai que corrixir é ese inicio tan laxo por parte das nosas xogadoras. Non se pode ceder nada desde o inicio. Hai que estar concentradas e activas os noventa minutos”.

“É unha vitoria importante, pero non hai que confiarse”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Vitoria importante
“Como dixen antes é unha vitoria importante, pero non hai que confiarse. Agora temos dúas semanas de parón. Intentaremos xogar un amigable entremedias para non perder o ritmo de competición. Xa dixen o outro día que esta liga se gaña non só contra os equipos a priori máis fortes, hai que xogar ao cento por cento cada semana. Non hai rival pequeno”.

Gran esforzo físico do equipo
“Foi un partido dunha gran intensidade física. Iso sabiámolo de antemán e iamos preparadas. Ao finalizar o encontro algunhas das nosas xogadoras que xogaron os noventa minutos acabaron extenuadas. Dérono todo no partido. E iso é o que lles pido domingo a domingo”.

Sensacións ao remate
“Hoxe saín cunha boa sensación do campo en canto a ver a madurez que están conseguindo as xogadoras. Hoxe o equipo soubo resolver un partido complicado e esixente, un partido tenso. Tamén teño que dicir un par de cousas máis: a primeira é a preocupación ao rematar por un choque fortuíto de Vicky coa porteira que a deixou mareada e un pequeno esguince cervical de Noa. As dúas foron atendidas polas asistencia médicas. Todo quedou nun susto e xa están ben na casa. Por outra parte, tamén quero referirme á excesiva dureza empregada por algunhas xogadoras do Pontellas e que o árbitro non soubo cortar. Diante disto teño que admirar a templanza das nosas xogadoras, que mantiveron a cabeza fría e non entraron neste xogo. Isto tamén é de valorar. É a madurez á que me refiría anteriormente”.

Portería a cero
“Un dos nosos obxectivos en cada partido é manter a portería a cero. E xa o conseguimos en moitas ocasións, e isto é de valorar. Nos dezaseis partidos de liga que levamos só encaixamos tres goles. É para estar satisfeitas”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content