Tobaruela: “O partido decidiuse por un detalle e non hai nada máis que dicir”

“O partido foi tal e como o esperabamos e tiñamos preparado”, explicou o catalán.

Pere Tobaruela compareceu en zona Mixta da Gándara-Chaín e analizou a derrota da Escola de Fútbol Feminina Rosalía contra o Lóstrego ‘B’: “Marcho contento de Góndomar, malia o resultado. Controlamos o partido en xeral, mais xogamos ante unhas rivais intensas e rápidas. As nosas xogadoras levaron a cabo o plan de partido ben, tanto na primeira parte como na segunda. Tras o 1-0 da primeira metade, no descanso variamos o noso sistema de xogo para intentar equilibrar o marcador e as xogadoras fixeron os deberes”.

“Quizais faltou un chisquiño de sorte, pero non me queixo por isto. A sorte forma parte do fútbol e algunhas veces tela de cara”.

Resultado xusto
“A derrota pola mínima foi o resultado final. Así hai que aceptalo. O partido foi moi disputado e cada equipo xogou as súas cartas. O Lóstrego intentou en todo momento o desprazamento longo buscando as costas da nosa liña defensiva e coido que as controlamos bastante ben. Noso foi o balón, progresar cara a portería contraria aproveitando as mobilidades das xogadoras sen balón para romper a defensa forte e contundente das rivais. O partido decidiuse por un detalle e non hai nada máis que dicir. O Lóstrego gañou e non queda outra que felicitalas polo seu traballo e esforzo”.

“Hai que seguir sumando experiencia e saber que, se seguimos nesta liña de traballo, imos seguir progresando”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Partido esperado
“O partido foi tal e como o esperabamos e tiñamos preparado, por iso fomos quen de conter a un equipo con moito poder ofensivo. Xogamos as nosas cartas ben, introdicindo variantes non propio partido, pero ao final unha xogada aillada foi decisiva. Hai que aprender, hai que seguir sumando experiencia e saber que, se seguimos nesta liña de traballo, imos seguir progresando”.

Relaxación inicial
“As nosas xogadoras estiveron concentradas desde o principio. Que nos marcaran relativamente cedo non tivo nada que ver cunha relaxación. As rivais saben xogar ben desprazando o balón e na xogada do gol obrigáronos a defender correndo cara atrás. Esa xogada foi mérito seu, non desmerito noso”.

Estado anímico do equipo
“Está claro que perder non gusta. E iso está ben, que as nosas xogadoran queiran gañar. Desde que recibimos o gol fixeron todo o que estivo nas súas mans para intentar reverquer a situación, competiron ben. O que pasa é que ás veces as cousas saen, outras non. As rivais tamén xogan o souberon contrarrestarnos”.

15 días para preparar seguinte partido
“Sempre no primeiro adestramento semanal, sexa cal sexa o resultado de domingo, traballamos sobre erros de partido. Esta semana non vai ser diferente. Máis alá disto, imos seguir coa nosa planificación, perfeccionando o noso modelo de xogo e madurando todo o traballado ata agora”.

Tobaruela rematou contento co partido de ser equipo.

“Ese primeiro gol ao empezar deunos tranquilidade”

OSCAR VILA, adestrador Lóstrego ‘B’

Por parte do Lóstrego ‘B’, Óscar Vila analizaba así o sucedido durante os noventa minutos: “O partido foi moi igualado, nós viñamos de dúas semanas malas con problemas físicos, moi xustas de forzas e, logo, creo que nos custou un pouco entender o partido. Nós temos moito xogo por dentro e adoitamos saír rápido por fóra pero hoxe, non sei se por forzas ou non tivemos claridade, non eramos capaces. Eu creo que Rosalía nos duelos individuais, abrigo cando entrabamos por dentro estiveron moito mellor”.

“O partido, con ese primeiro gol ao empezar deunos tranquilidade e foi o que logo nos permitiu, con esa falta de forzas, xestionar o encontro. É un pouco e o que se trataba hoxe, cando non tes forzas tentar que Rosalía non fixese ocasións de gol”.

“Partido moi igualado, falábao antes con Pere e creo que son tres puntos máis. Isto é liga regular e hai que meterse na liga de ascenso e é cando temos que estar todos un pouco mellor. Eu non creo que Rosalía é rival do Lóstrego, nin Peñasco nin Póntellas, eu creo que todo se verá na fase de ascenso”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content