A EFF Rosalía perde en Chaín

As de Tobaruela non lograron puntuar ante o Lóstrego ‘B’ no partido da sexta xornada de Liga.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía perdeu fronte ao Lóstrego ‘B’ o partido correspondente á sexta xornada de Liga, que se disputou na Gándara-Chaín. O encontro resolveuse a favor das locais co temperán gol de Mónica Rodríguez. As de Pere Tobaruela, que non perderan ningún encontro esta tempada, volverán á competición o 27 de novembro ante a SD Ponteareas, despois da xornada de descanso do próximo fin de semana.

Adiantouse pronto o Lóstrego nunha xogada que inicia Monica e tras embarullarse un pouco no área cede a Mónica Rodríguez que remata ao fondo da rede no minuto 6. Aínda que o noso equipo buscou o empate seis minutos depois cunhada chut de Sabela que sae alto. As locais conseguiron marcar o ritmo durante o primeiros vinte minutos de xogo, pero as nosas conseguiron asentarse no terreo de xogo unha vez superado o xerro de auga fría do gol inicial. A resposta local ano 32′, contragolpe no que Rocío está foi atenta non man a man fronte Mónica Rodríguez. Os primeiros 45 minutos rematan con remate de Fara que non acerta entre os tres paus da portería defendida por Naiara.

Tras a continuación, Lóstrego subiu en intensidade física e o noso equipo dispuxo de poucas ocasións para recortar distancia, como un disparo de Fara (52′) e outro seguido desde fóra da área e Feijóo, alto. Rocío evitou que as visitantes ampliasen o resultado cunha boa intervención ao disparo de Alejandra. Xa non houbo tempo para máis nun encontro moi táctico, sen ocasións claras. Vitoria pola mínima do Lóstrego ‘B’, que empata a puntos co noso equipo, pero cun partido menos.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content