Tobaruela: “Pódese decir que vai a ser un partido moi interesante de xogar”

“Está claro que este xoves xogamos contra un dos equipos máis fortes do noso grupo”, añadiu o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu nunha roda de prensa telemática na sé da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía o día previo ao partido aprazado da decimoctava xornada de Liga, que disputará o noso equipo fronte ao Lóstrego “B” no Municipal de Oira (xoves, 21:00 h): “Cada xornada o partido máis importante é o que se celebra esa fin de semana. Pero está claro que este xoves xogamos contra un dos equipos máis fortes do noso grupo que, coma nós, tamén ten a posibilidade de acabar en segunda posición se consigue a vitoria”.

“Con estes ingredientes, pódese dicir que vai ser un partido moi interesante de xogar”. 

Horario nada habitual
“Xogaremos ás nove da noite, o horario no que sempre adestramos. Pode influir ou non, iso xa se verá. En todo caso, afectará de igual maneira ao Lóstrego coma a nós”.

“Concentro a miña atención nas xogadoras das que dispoñemos”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Baixas
“As posibles baixas non són a miña preocupación máis grande ante a disputa de calquera partido. Concentro a miña atención nas xogadoras das que dispoñemos. Así é como o vin sempre e nese sentido non vou cambiar. O fútbol é un cúmulo de circunstancias e o equipo ten que estar preparado para afrontar as circunstancias que se dean”.

Equipo pouco experimentado
“Precisamente este tipo de partidos axudan a coller experiencia para xogar con presión. E iso vainos vir moi ben de cara a preparar a fase de ascenso. Tamén teño que engadir que adestramos, que preparamos as condicións que se poidan dar no partido, como isto de xogar con presión, é unha parte máis da nosa preparación. Confío plenamente nas xogadoras e elas sábeno”.

Resultado influirá cara o domingo
“Bastante teño con preparar o partido deste xoves como para estar pensando no de domingo. Se gañamos este xoves e mais o domingo, teremos o premio de ser segundas de grupo. Ese é o noso obxectivo a curto prazo e así llo trasladei o pasado domingo ao equipo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content