Umia-Rosalía: a polo segundo triunfo na Fase consolación

O Cadete busca aproveitar o seu bo momento e viaxar ao Municipal de Zacande para sumar os tres puntos (11:00 h, Meis).

A Fase Consolación non se detén e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete afronta un novo compromiso na segunda fase da Liga Galega Cadete Feminina. Mañá mídese ao Umia (11:00 h, Municipal de Zacande), que ten os mesmos puntos do ‘filial’. As de Tamayo queren lograr unha vitoria para seguir na pelexa por estar no máis alto da clasificación.

Tras gañar contra San Mateo, o Cadete buscará impoñerse ao equipo ‘viquingo’ e dar continuidade á racha de cinco encontros invicto en Liga. Para iso, terá que acertar no aspecto ofensivo, onde Nerea buscará prolongar o seu bo momento de forma (2 goles nos últimos 3 partidos).

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Matilde, Lucía Pérez, Aroa, Silvia, Miriam e Sofía.
Centrocampistas: Sara Rodríguez, Bonjoch, Nieto, Nair, Lucía Caride e Xiana Carballo.
Dianteiras: Claudia, Antía e Victoria.

A igualdade foi a nota predominante nos dous partidos previos.

Umia
O rival das pontinas é terceiro con 1 triunfo no que vai de fase. Vén de gañar a domicilio á UD Mos (0-1) e recibe ás azuis co obxectivo de encadear o seu segundo triunfo nesta segunda fase. Ambos equipos víronse as caras na fase regular cunha vitoria para cada un (1-0 e 1-0) como locais.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content