Así será a seguinte fase da competición para as Promesas

O Promesas ‘A’ disputará a Fase Título, mentres que o ‘B’ queda enrolado no Grupo D2 da Fase Consolación.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía acabou na cuarta posición do Subgrupo 2 da Liga Galega Promesas e disputará unha segunda fase de competición na que loitará por alcanzar o título. As de Feijóo afrontan un novo formato, no que os catro mellores dos Subgrupos 1 e 2 fusionáronse para formar unha liguilla a dobre volta fronte aos do outro grupo. Os oito equipos empezan cunha puntuación (4,3,2,e 1 ptos) de inicio segundo a súa posición na primeira fase. O Promesas ‘A’, con 1 punto, enfrontarase a ida e volta aos catro conxuntos procedentes do Subgrupo 1: Arzúa, Narón O Freixo, Vitoria CF e Pastoriza. Esta 2ª fase constará de 8 xornadas e logrará o título o equipo que termine con máis puntos.

O calendario da Fase Título xa é coñecido, arrincará o fin de semana do 23/24 de abril. O conxunto de María Feijóo recibirá a Narón O Freixo na primeira xornada o sábado ás 13:00 horas no Municipal de Oira.

PRIMEIRA VOLTASEGUNDA VOLTAPARTIDO
X. 1 – 23-24 abrilX.5 – 21-22 maioEFF Rosalía-Narón O Freixo
X. 2 – 30-1 maioX.6 – 28-29 maioArzúa-EFF Rosalía
X. 3 – 7-8 maioX.7 – 4-5 xuñoEFF Rosalía-Pastoriza
X. 4 – 14-15 maioX.8 – 11-12 xuñoVictoria CF-EFF Rosalía

Pola súa banda, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ‘B’ acabou na novena posición do mesmo Subgrupo que as súas compañeiras e disputará unha segunda fase denominada Título Consolación. As de Javier quedan enroladas no Subgrupo D2 xunto ao sexto, oitavo e décimo do Subgrupo 1 e quinto e noveno do Subgrupo 2 (do que formou parte na 1ª fase). A diferenza dá Fase título, esta constará dunha soa volta que decidirá os dous equipos que disputarán a final nunha sé neutral. O Promesas ‘B’ terá en fronte a: Dumbria, Juventud Cambados, Orzán, San Mateo, Tomiño e Xuventude de Crendes.

O Subgrupo D2 arrincará este fin de semana con xornada de descanso para o equipo dirixido por Javier Alonso e terminará visitando a Xuventude de Crendes o 4/5 de xuño.

XORNADAPARTIDO
X.1 – 23-24 abrilDescanso
X.2 – 30-1 maioEFF Rosalía ‘B’-Orzán
X.3 – 7-8 maioTomiño-EFF Rosalía ‘B’
X.4 – 14-15 maioEFF Rosalía ‘B’-Dumbria
X.5 – 21-22 maioJuventud Cambados-EFF Rosalía ‘B’
X.6 – 28-29 maioEFF Rosalía ‘B’-San Mateo
X.7 – 4-5 xuñoXuventude de Crendes-EFF Rosalía ‘B’

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content