Boa xornada na Liga Galega Promesas

Boa dobre xornada como visitantes na Liga Galega Promesas. Os dous partidos se disputaron en domingo dado que o sábado varias das nosas se desprazaron a Sarria a disputar o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub12 ca selección de Ourense.

As máis madrugadoras foron as do Promesas “B” de Juanma Bello. As nosas peques viñan de dúas derrotas inxustas seguidas en canto a xogo se refire e viaxaron a Barrantes ca teima de resarcirse. O Umia, un bo equipo que ocupa a cuarta posición e incluso loita cas súas veciñas do Atlético Arousana pola terceira praza, saiu en tromba a polo partido e inda que as nosas non o estaban a facer nada mal, ó descanso chegouse con vantaxa para as locais. No descanso conxura das pequenas do Rosalía que sairon en tromba demostrando un amor propio pola camiseta non moi normal en estas idades e en dez minutos xa tiñan o partido empatado e incluso dispuxeron de boas ocasións para levarse os tres puntos. Moi boa reacción do equipo de Juanma Bello que se mostrou moi orgulloso da actitude das súas pequenas guerreiras.

O promesas “A” de Alba Rodriguez non diu opcións na Gándara ás locais

Mentras o promesas de Alba visitaba as nosas amigas do Valladares na Gándara. Un partido que se presumía durísimo e que se agrababa cas baixas por diferentes circunstancias na plantilla do noso “A” que se presentou con 9 xogadoras de campo, dúas de elas porteiras e con 3 delas bastante cansadas polo seu papel coa Sub12 de Ourense. Pero parece que non hai problema que tumbe a estas pequenas que en 6 minutos abrían unha brecha insalvable no marcador para os seus intereses. Na segunda parte Alba, con bo criterio modificou as posicións habituais na plantilla incluso participando Lucía Novoa de porteira durante toda a segunda metade do encontro.

A semana que ven as nosas pequenas terán un dobre enfrontamento como locais o domingo ás 10:30. O promesas “A” recibirá ó San Mateo de Ponteareas, mentras que as peques de Juanma recibirán a visita das nosas amigas do Valladares. A seguir traballando peques!!!

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Skip to content