O domingo disputamos un bonito e competido triangular a prol da Asociación Contra o Cancro de Chantada organizado polas nosas amigas do Carballedo CF no seu campo.
Como o nome indica, o campo Catro Ventos recibiunos cunha airosa inda que soleada tarde e o triangular foi amadriñado por coñecidas mulleres dos medios de comunicación, unha delas foi a actriz María Vázquez, coñecida polo seu papel en series coma Padre Casares ou filmes como A praia dos afogados e que se encargou de efectuar o saque de honra antes do enfrontamento entre Carballedo e a SD Chantada. Esa misma función a tiveron a actriz Beatriz Serén (Matalobos ou Pazo de familia) e a presentadora de televisión Marta Doviro. Cada unha realizou o saque de inicio previo a un encontro.
O deportivo, inda que era o de menos, foinos ben xa que as nosas venceron ó Carballedo e a SD Chantada, a estas últimas dende o punto de penal. A parte solidaria da cita tampouco foi mal xa que vendéronse un total de 190 entradas e realizaronse sorteos e agasallos para os alí asistentes.
Agradecer o Carballedo que contara con nós para esta cita solidaria e o agasallo da fermosa placa que xa luce nas nosas vitrinas. Contade con nós para a próxima!!!
Na sección Galerías Fotográficas podedes ver un fermoso reportaxe de tan bonito evento.