0-0: O Infantil xogarase o título na última xornada

O Infantil empató ante o Colexio Obradoiro e dependerá de si mesmo para lograr o título da fase consolación na última xornada.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil non aproveitou a oportunidade de lograr matemáticamente o título da Fase consolación a falta dunha xornada e terá que gañar en Coruña na xornada 8 da 2ª fase. As de Castro empataron ante o Colexio Obradoiro e continuar líderes con 1 punto de vantaxe sobre santiaguesas e Arousa e tres a Xuventude de Crendes, o seu rival na última xornada. As azuis saíron ao Municipal de O Seixo con moita personalidade. Proba diso foi que tiveron o dominio do xogo durante os 80 minutos.

O partido transcorreu de xeito moi similar ao da primeira volta en Santiago, pero coa diferenza que ningún dos dous equipos conseguiu desnivelar o marcador e aproveitar algunha das ocasións das que dispuxeron. Moito dominio de balón por parte das nosas pero sen chegar a concretar ocasións claras de gol. O Obradoiro, pola súa banda, xogou un partido moi serio e ordenado defensivamente, pero sen ideas claras para poñer en aprietos a Aldara, que non tivo que realizar ningunha parada en todo o partido.

As de Castro non conseguiron superar a Julia nos dous partidos.

Na primeira parte, a ocasión máis clara estivo nos pés de Victoria aproveita un erro de entendemento das súas centrais e plántase nun man a man contra Julia. A dianteira realiza un mal control que obtivo como resposta unha meritoria intervención da guardameta rival. A segunda metade comezou con outro ritmo e a firme intención de conseguir adiantarse no marcador. Cun mellor posicionamiento, o equipo conseguiu inquietar máis ao Obradoiro, que decidiu replegarse e dar por bo o resultado durante 40 minutos. A ’35’ azul tivo nas súas botas, novamente, a ocasión de adiantar ás pontinas noutro man a man que finalizou coa perna esquerda e Julia sacou a “bocaxarro”. Malia chegar ás inmediaciones do área rival, o marcador asinou táboas.

“O Obradoiro é o único equipo en toda a tempada ao que non lle conseguimos facer gol, iso fala moi ben da súa calidades defensivas”, indicou Diego Castro ao término do encontro.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content