0-3: A EFF Rosalía Infantil comeza a segunda fase gañando

Un gol lexano de Sara Bonjoch e outro tanto de Ester e Nerea manteñen ao equipo líder do Grupo 3º.

Convocatoria da EFF Rosalía Infantil en Vilagarcía.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía venceu ao Atlético Arousana na súa visita ao Campo de fútbol de Berdón e sumou o seu 1ª vitoria na segunda fase da Liga Galega Infantil. As de Vanesa Abadín, en ausencia de Alba Rodríguez, encarrilaron o encontro grazas a un precioso remate desde o bordo do área de Sara Bonjoch, que puxo o 0-1 no 2′. Pouco minutos logo da reanudación, Ester e Nerea sentenciaron co 0-2 e 0-3. Deste xeito, as azuis continúan na primeira posición e logran a primeira vitoria nun mes de maio no que disputarán tres partidos.

A visita ao equipo pontevedrés comezou do mellor xeito con Sara Bonjoch protagonizando a primeira ocasión de perigo, cun disparo afastado desde o bordo do área que superaba a Uxía. O tempraneiro gol relaxou en exceso as azuis que si ben tiveron o dominio do balón, fallaban moitos pases e tiñan demasiadas imprecisións no seu xogo.

O combinativo xogo das xogadoras de Vane Abadín mellorou ca entrada no verde de Nair que se mostrou moi activa entre liñas dende a súa entrada realizando un moi bo partido. Con todo na primeira parte as azuis non foron capaces de ampliar o marcador.

As doce representantes do Atlético Arounsana o pasado sábado.

Melloría na segunda metade
Tralo tempo de lecer e tras as indicacións das adestradoras, o xogo combinativo do Rosalía mellorou e fruto de esas mellores combinacións e de que nas bandas tanto Candela Bouzas como Ester tiveron máis tranquilidade co balón nos pes e propiciou que o resultado se ampliara ata o definitivo 3-0 con goles de Ester, que foi celebrado tarde pola afección visitante xa que a rede tiña un burato e tardou o árbitro en concedelo, e o gol que pechou o marcador da Ribadaviense Nerea tras facerse forte na posición de nove dentro da área.

A semana que ven as nosas infantiles terán xornada de descanso e o Victoria CF de Coruña recibirá a visita do Atlético Arousana nas instalacións da Torre.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido