O Promesas cede o primeiro partido da tempada

O equipo adestrado por María Feijóo perde os primeiros tres puntos logo de catro xornadas.

Convocatoria da EFF Rosalía Promesas o pasado domingo.

O equipo Promesas da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía cedeu os tres puntos ante o Atlético Arousana e colócase terceira na táboa do Grupo B da Liga Galega Promesas Feminina. Logo de catro xornadas disputadas o equipo Promesas, cun balance de 2 gandos, 1 empatado e outro perdido, sae dos postos de dan acceso á seguinte fase ao ser superado polos seus rivais o pasado domingo, Atlético Arousana.

O Promesas perdeu no Monte da Aira no encontro correspondente á cuarta xornada da primeira fase. As pequenas non puideron puntuar nun partido clave para os seus intereses á hora de entrar na segunda fase. O conxunto local non tivo opcións ante un arousana que explotou do mellor xeito as xogadas a balón parado, logrando dese xeito case todos os seus goles.

Apenas houbo ocasións de perigo nos primeiros compases do encontro, ao que as xogadoras de María Feijóo pareceu afectarlles o xogar na matinal do domingo, xa que saíron ao campo máis “durmidas” do habitual. “Non se sentiron cómodas en ningún momento, supoño que porque o campo está empapado e foi un handicap que este ano ainda non sabían o que eran”, afirmou a técnico ao final do partido. O centro do campo azul cometeu máis imprecisiones e o xogo era máis trabado e o perigo non chegaba á portería defendida por Marina. Mentres que no lado local, Iara tivo que realizar varias intervencións que arrincaron os aplausos do público asistente. Aínda así as pontevedresas adiantáronse 0-1 na primeira metade.

Sentencia a balón parado
Despois do descanso, as de Feijóo adiantaron liñas e, conseguiron chegar con máis perigo ás inmediaciones da portería visitante. O Atlético Arousana cedeu terreo e defendeu moi ben a súa vantaxe aproveitando as faltas recibidas para marcar os goles que sentenciaron o encontro ao non fallar ningunha das que dispuxeron nos segundos 25 minutos. Malia que as azuis conseguiron reducir as distancias, dúas faltas convertidas por Carmen Leites nos minutos finais deron unha clara vitoria para o Arousana, que supera na clasificación a Rosalía logo de catro xornadas disputadas.

Feijóo pensativa nos minutos finais do encontro.

En declaracións aos medios do club ao finalizar o partido entre Rosalía e Arousana, a técnico María Feijóo deixou claro que hai que pensar xa na seguinte xornada: “Non temos tempo para queixumes, temos que centrarnos xa non seguinte partido que ademáis haberá rotacións”. En canto ao acontecido no campo afirmou que “sabiamos a que nos enfrontabamos, que ía estar dificil pero saimos a por todas. O marcador final non reflexa o que en si foi ou partido, creo que tuvemos nós as máis claras ocasións, perdoamos moitísimas. Zaira non estaba e por ela pasa ou noso xogo, foi clave para a derrota. Elas tiñan a Carmen, que co tiro que ten foi case imposible parar os tres tiros de falta, de aí o abultado resultado”.

Na próxima xornada, a EFF Rosalía viaxará á Gándara para visitar ao CD Valladares.

As “pequeñinas” o pasaron xenial.

As máis pequeñitas e algunha das desconvocadas puideron gozar dunha xornada máis de formación competicional, xa que moitas ainda non están preparadas para dar o salto e disputar a Liga Promesas. O pasado sábado aproveitaron a tarde para xogar un amistoso cos prebenjamines de CD Velle e seguir avanzando na súa formación deportiva. A xornada foi en grao sumo produtiva, o resultado era o de menos e o postpartido preparado polos anfitrións do Monte da Aira xenial. Reseñar que o papel de algunas está sendo tan bo que “nestes amistosos están rompendoa pedindo paso para gañarse un hueco para disputar a Liga”, sinalou Feijóo.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content