Derbi: A festa das Promesas

As ‘maiores’ fixeron valer a súa maior experiencia para levarse o triunfo no derbi do fútbol ourensano feminino.

As instalacións do Concello Municipal de Deportes de Ourense en Oira viviron a tarde do sábado unha nova edición do derbi ourensán de fútbol feminino entre os dous equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía representantes na Liga Galega Promesas Feminina.

Malia ser unha xornada de ‘festa’ para o club, a rivalidad ou as ganas de gañar dunhas compañeiras a outras non faltou durante os 50 minutos de partido. As de Feijóo non escatimaron esforzos para levarse o partido ante unhas ‘rivais’ que non llo puxeron fácil. O partido contribuíu para demostrar que en Ourense hai ganas de fútbol feminino e que as nenas gozan do deporte rei.

O sábado disputouse o segundo ‘derbi’ da tempada.

Os primeiros minutos foron de tanteo entre ambos equipos, aínda que o perigo máis claro estivo nas inmediaciones da portería de Paula, gardameta do Promesas ‘B’. Na segunda metade, a diferenza física entre ambos equipos decantou o encontro para as xogadoras de Feijóo, que souberon aproveitar as súas oportunidades e levarse os tres puntos.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content