O equipo disputa o seu primeiro partido oficial da tempada 2020/21 na segunda xornada de competición (Domingo 12:00h, Monte da Aira)
Trescentos noventa e tres días despois de disputar o último partido, volve a Liga Infantil e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía comeza unha nova tempada. Coa ilusión de empezar un curso con moitos desafíos por diante, o equipo De Alba Rodríguez afronta na casa ante o Mos (12:00 h, domingo) a primeira das 6 xornadas que conforman a primeira fase competicional.
Acabouse a pretempada e chega a hora da verdade para o plantel máis numeroso do club, ao ter a técnico 22 xogadoras á súa disposición.
Os resultados máis recentes colleitados polas ourensáns fronte ao Mos invitan ao optimismo: invictos nos seus dous partidos na categoría con 6 goles a favor e cero en contra, repitindo debut na Liga, ao igual ca pasada campaña. Algo do que non se fía a técnico: “Os equipos ano a ano cambian moito polo que imos un pouco a cegas, pero sen dúbida será un partido disputado e bonito de ver”.
Alba destaca do equipo desta tempada que “Somos un plantel moi amplo onde cada xornada imos ter que facer convocatoria, o que provoca unha competitividad interna sa moi favorable para mellorar o nivel do equipo. O equipo está formado por un bloque de nenas que levan anos xogando xuntas, e novas incorporaciones, tanto doutros equipos como da nosa base e algunha nena que é o seu primeiro ano no fútbol”. Logo de tanto tempo sen competición oficial “Afrontamos a primeira xornada con moita ilusión logo de tanto tempo sen competir, con ganas de gozar dentro do campo e volver facer por fin o que máis nos gusta. As nenas teñen moitas ganas de empezar e de competir sexa cal for o equipo”, sinalou a adestradora.
Un debut en Liga que para o conxunto azul supón empezar coa presión de non perder os tres puntos ante un Mos que se escaparía a seis puntos de vantaxe, distancia a ter en conta ante unha primeira fase de tan só 6 xornadas e 12 puntos en xogo, ao ser un grupo de tres equipos e ter cada participante dúas xornadas de descanso.
Alba remataba indicando que “Somos un equipo que nos gusta competir e gañar, e conseguir os tres puntos vainos a dar confianza para afrontar os seguintes choques, pero a nosa idea é saír do partido con bo sabor de boca e coa sensación de habelo dado todo no campo”.
O corpo técnico formado por Alba e Vane Abadín convocaron a 16 xogadoras para o partido fronte ao Mos, correspondente a 2ª xornada de Liga, que se disputará no Monte da Aira:
Porteiras: Valeria e Aldara.
Defensas: Lucía Pérez, Laura Añón, Silvia, Lucía Novoa y Sofía.
Centrocampistas: Ester, Sara Bonjoch, Carballo, Cuquejo, Sara Rodríguez, Candela Bouzas e Antía.
Dianteiras: Claudia castro e Nerea.