6-0: Brillante triunfo do infantil fronte o Umia

Lidia, cun triplete, Silvia, Ester e Claudia Pérez foron as goleadoras.

A EFF Rosalía infantil segue en refacho no Monte da Aira e conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva como local ante o Umia. As azuis asinaron un dos seus mellores partidos da tempada e sumaron tamén o seu noveno triunfo da tempada. Lidia foi unha das protagonistas cun triplete, mentres que Silvia, Ester e Claudia Pérez acompañaron a ourensá no marcador.

As rosalías costoulles un pouco encarrilar o encontro xa que non foi ata o 20’ cando fixeron o 1-0. Ester colgou un balón á área desde a dereita que Lidia, cun toque sutil, superase a Sara no seu primeiro gol. O empuxe das de Alba volveu ter premio trece minutos despois, cando Silvia aprobeitou unha subida por banda para marcar o segundo depois dum pase entre liñas de Nair. As ribadumienses non conseguían chegar con perigo ao área de Valería, que era unha espectadora mais do encontro. O Umia non crearía perigo antes do descanso e o marcador xa non se movería ata a segunda metade.

Tras o paso polos vestiarios, o Infatil deu un novo golpe ao encontro. No 44’, Ester facía o 3-0, que xa sentenciaba o partido. Seguiron as ocasións por parte do Infantil e Lidia, novamente, superaba a Sara dende o borde do área pequeno.

Dous goles mais
O Infantil seguiu dominando no último tramo do partido, onde chegarían outros dous goles. Claudia a saida dun corner aproveita o rexeita da defensa para marcar o quinto e quen volveu a  atopar a portería rival foi Lidia (65’), que marcou o seu terceiro tanto que colocaba o marcador final de 6-0.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content