Liga Promesas: xornada 17 de competición

Cara e cruz para os dous equipos da Liga Promesas.

Nova fin de semana de compromisos para os equipos que participan na 2ª Liga Promesas Feminina – Liga Pizza Móvil. A EFF Rosalía gañou ao Atlético Arousana e a EFF Rosalía “B” cae ante o Tomiño.

EFF Rosalía-Atlético Arousana
Enfrontábase o Promesas “A” de Juanma Bello ao Atlético Arousana “B”, o equipo con mellor futuro da categoría. Saíron as arousanas moi ben posicionadas, situación que fixo que nos primeiros minutos as azuis non estiveram cómodas á hora de despregar seu xogo. Antes do descanso abrirían o marcador as de Juanma e na segunda parte, cas rivais xa máis cansadas e en dous erros na saida de balón das visitantes chegaría a sentencia.

Inda que non foi o mellor partido do Promesas “A” conseguiron rematar o partido ca portería a cero e tres puntos máis que lle permiten seguir no man a man ca UD Mos.

EFF Rosalía “B” – Tomiño
Igualado se presentaba o partido do Promesas B, que vai a máis cada día, fronte ao Tomiño, pero a importante baixa de Carballo sobre todo en labores defensivas e o encontronazo entre Nicole e Ainoha, que deixou as dúas tocadas no ecuador do partido, fixeron que foran un lastre para as pequenas, sobre todo ofensivamente.

O Tomiño, un equipo que leva mellorado un montón dende as primeiras xornadas de liga, levouse o partido, non sin apuros, o que lle fai seguir pola loita entre os oito primeiros.


Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Skip to content