Daniela marca o gol da victoria do infantil no debú na Liga Infantil.
A EFF Rosalía Infantil logra a domicilio fronte a UD Mos na 1ª xornada da Liga Galega Infantil Feminina. Daniela marcou o gol da victoria nun partido moi competido sobre o sintético de As Baloutas na matinal do domingo.
A UD Mos saiu moi ordeada e cedeulle a posesión do balón ás nosas que con un equipo moi novo, con seis alevíns na aliñación titular, erraba na circulación de pelota pola pouca costume de xogar partidos en campo de fútbol 11. Esto provocou un abuso das conduccións e do regate e así era imposible xerar espacios para crear ocasións ante unha moi bo plantexamento defensivo das locais.
Na segunda parte correxíronse eses erros e comezaron a chegar as ocasións máis claras. Ester por dúas veces e Lidia nunha moi clara diante da porteira puideron abrir a lata, pero tivo que ser a alevín Daniela (63’) a que cun tiro por alto anotara o tanto que á postre sería definitivo no marcador final.
A UD Mos adiantou liñas e colocou dúas dianteiras para tratar de inquietar aproveitando o seu maior poderío físico pero as nenas de Alba Rodríguez mostráronse moi seguras en defensa.
O Mos intentou ata o final pero a victoria levouna unha EFF Rosalía que comeza sumando fora da casa.