A EFF Rosalía infantil volta á competición

EFF Rosalía Infantil realizaba no día de onte o derradeiro adestramento previo á volta á competición despois da xornada de descanso da semana pasada.

As maiores da canteira afrontan mañá fronte o Victoria CF “D” un novo compromiso de Liga (13:00h; Monte da Aira). O obxetivo seguir mellorando ante un dos mellores equipos da competición que estará nos postos altos ao final da mesma e con moitos anos de experiencia no eido do fútbol base feminino.

Despois da victoria fronte o Valladares no anterior compromiso con bo xogo, as azuis intentarán seguir a racha de victorias e manter a estela dos primeiros clasificados, Orzán e Victoria de Santiago. Alba convocou a 16 xogadoras para o encontro deste sábado.

CONVOCATORIA:
Porteira: Valeria e Rocío.
Defensas: Silvia, Laura Añón, Marta Montes e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Nair, Cuquejo, Candela Bouzas, Daniela, Aldarita, Ester e Lidia.
Dianteiras: Sheila, Sara e Claudia Castro.

O rival
O clube creouse como tal en 1943 no Barrio de Santa Lucía e sempre destacou polo seu cuidado pola canteira.
As blanquinegras atópanse na terceira xornada da Liga Galega Infantil Feminina – Liga Pizza Móvil na segunda posición cunha bagaxe de 14 goles a favor e 0 en contra e empatadas a puntos co Victoria FC de Santiago e as nosas infantiles.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido