Mos-Rosalía: a polo primeiro triunfo na segunda volta

O infantil busca aproveitar a súa solidez da primeira volta para sumar os tres puntos (16:00 h, As Baloutas).

A loita polo acceso á segunda fase non se detén e a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía afronta un novo compromiso na segunda volta do Grupo B da Liga Infantil Galega. Na tarde do sábado mídese ao Mos (16:00 h, As Baloutas), que se atopa a tres puntos do Infantil. As de Alba queren lograr unha vitoria para asegurar o primeiro posto da clasificación.

Tras descansar a pasada xornada, a EFF Rosalía buscará impoñerse ao equipo mosense e dar continuidade á racha de dous encontros invicto na presente campaña. Para iso, terá que acertar no apartado ofensivo, onde Ester, Nerea e Candela Bouzas buscarán prolongar o seu bo momento de forma (2 goles cada unha nos últimos 2 partidos).

UD Mos
O rival das azuis é terceiro con 1 triunfo, 0 empates e 2 derrotas no que vai de tempada. Vén de perder a domicilio co Lóstrego (3-1) e recibe ao infantil co obxectivo de gañar o seu segundo triunfo nesta campaña.

Según a adestradora da EFF Rosalía “O obxectivo é seguir gozando do fútbol, rodar e prepararnos para os seguintes partidos. Ademais poderán ter máis minutos xogadoras que xogaron menos na primeira volta”. Nunha fase tan curta, a técnico teno claro “ao conseguir gañar os dous primeiros partidos, chéganos con puntuar nun dos dous partidos para quedar primeiras de grupo. Aínda así, puntuar non vai ser nada fácil xa que temos dous rivais fortes diante. O obxectivo é intentar xa conseguir os 3 puntos este fin de semana e repartir minutos na última xornada contra o Lóstrego”.

Convocatoria
Alba e Abadín xa teñen convocatoria para o encontro:
Porteira: Valeria e Aldara.
Defensas: Laura Añón, Lucía Novoa e Silvia.
Centrocampistas: Cuquejo, Candela Currás, Nair, Ester, Candela Bouzas, Sara Bonjoch e Xiana Carballo.
Dianteiras: Leire, Victoria, Nerea e Claudia Castro.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content