O noso equipo fíxose co triunfo grazas aos tantos de Sara, Cayetana e Mihret (2).
Goleada da Escola de Fútbol Feminino Rosalía no Municipal de Oira. O noso equipo sumou os tres puntos en casa fronte ao Louro Tameiga no encontro da 26.ª xornada de Liga. As pontinas, que dominaron o partido de principio a fin, adiantáronse no primeiro tempo grazas a un tanto de Sara Fernández tras unha gran xogada individual. Xa na segunda metade, Cayetana e Mihret, cun dobrete, pecharon o contundente triunfo por 4-0.
O equipo saltou ao terreo de xogo con dúbidas, pero segundo avanzaron os minutos a tendencia foi ir en busca do gol e Sara Fernández foi capaz de asinar o 1-0 tras unha gran xogada individual definindo no man a man fronte a Lola. Ambos equipos intentaron subir mais goles ao marcador, pero o ‘luminoso’ non se movería ata a segunda metade.
No segundo tempo a tónica foi a mesma da primeira metade, dominio pontino. O segundo tanto non fíxose esperar. Sete minutos despois da continuación, Cayetana culminou un contragolpe cunha carreira de 50 metros e marcou na área pequena ante a saída de Lola. No 56’, Mihret aumentou a renda pontina cun derechazo á saída dunha falta que executou Cayetana. Ela mesma, asinou o 4-0 definitivo a oito minutos dos final minutos despois dun tiro axustado dentro da área tras unha boa xogada colectiva que remata coa asistencia de Ainoa a goleadora encontro. Louro tivo a súa mellor oportunidade nas botas de Lucía, ao chutar unha falta que despexa Paula cunha gran intervención.