Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ e derrota do Cadete ‘Azul’.

Nova fin de semana con partidos oficiais para os dous equipos da liga Galega Cadete Feminina. Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’.

Umia CF-EFF Rosalía ‘Azul’ (1-0)
As de Alberto Tamayo non puideron traerse nada positivo de Ribadumia ao caer pola mínimo ante un Umia que se adiantaba no marcador aos sete minutos por medio de María Montero, logrando manter a vantaxe ata o final do encontro. Con estes tres puntos, o equipo dirixido por Álvaro Jesús, adianta na táboa clasificatoria ao noso equipo, alcanzando o quinto posto a, tan só, un punto dos postos que dan acceso á Fase Título.

EFF Rosalía ‘Amarelo’-Arcadia EF (5-1)
O noso equipo rompeu a serie negativa das últimas xornadas ao lograr unha gran vitoria ante o pechacancelas do Grupo II cos tantos de Sofía (2), Candela Losada (2) e Lucía Carral, nun partido ao que saiu pola vitoria desde os primeiros minutos.

Noso equipo puido adiantarse no minuto 3, pero evitouno Candela cunha gran intervención tras un disparo de Sara. Aos sete minutos, Sofía recupera o balón no sector esquerdo e desde a esquina da área grande dispara coa zurda un chute que Candela non consegue despexar, coándose o esférico na súa portería (1-0). A resposta visitante chegou dos pés de Carlota, que nunha gran galopada pola esquerda plantouse soa ante Paula que despexou o seu disparo cunha gran intervención. As dúas mesmas protagonistas, atopáronse en similar xogada aos 24 minutos e, novamente, a nosa gardameta gañoulle a partida á dianteira rival. O ‘Amarelo’ dominaba e, un minuto despois de cumprirse a media hora, Candela Losada anotou o segundo. A barbadesa recibiu un bo pase de Ainhoa e o seu centro-chute, tras sorprender a Candela, terminou aloxándose na portería.

Goleada
Na segunda metade seguiu o dominio pontino a pesar de recortar distancias as visitantes nunha xogada fortuíta entre Victoria e Paula. A defensa toca o esférico cando o ía a recoller a gardameta ante a presión de Carlota e o balón termina no fondo da rede. As de Toni Carballo buscaban aumentar a renda e Sofía encargouse diso un minuto despois. Andrea filtrou un balón entre liñas que a interior se encargou de enviar ao fondo da rede, cruzando o esférico coa zurda (3-1, minuto 65′). Xa na recta final do encontro, Lucía Carral marcou o cuarto con disparo desde fóra da área e Candela Losada o 5-1 definitivo para pechar a goleada.

Vídeo: Resumen do partido.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content