Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata xuño de 2023.

A capitá da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, Aldara González, prolongou no mediodía deste martes 19 de setembro o seu contrato coa entidade pontina. A centrocampista, que xa mantiña a súa unión coas azuis ata xuño de 2023, estampou a súa firma nos documentos que engaden un ano máis, ata o verán de 2024, á súa estancia no club pontino. Curiosamente, a anterior renovación da centrocampista xunqueriá produciuse hai tres anos, o 22 de xullo de 2020.

Aldarita, que debutou coa Escola de Fútbol Feminina Rosalía en Segundo na primeira xornada da 18/19, chegando das categorías inferiores do Maceda. De aí ata este momento, a xunqueirá gozou de convocatorias coa selección ourensá, sendo agora mesmo unha das capitás do equipo senior.

A curta duración do contrato non ten outro motivo que a posibilidade de quedar libre para emigrar ao fútbol inglés en caso de chegar algunha proposta interesante, en especial dalgún dos clubs londinienses.

En declaracións á nosa web, a nova xogadora reflexiona:”Creo que todos os partidos que xogue serán especiais para min ao poder ser a miña última tempada. Estou moi agradecida ao club pola confianza que me deron coa renovación ata 2024″. Para pechar, expresou o seu desexo de fronte ao próximo exercicio, no que espera seguir gozando coa elástica pontina: “Desta tempada espero todo. Espero que formemos un gran equipo e esteamos todas ben para dalo todo e así levar ao Rosalía todo o máis alto posible. Creo que vai ser un gran ano, só quédanos empezar, adestrar a lume de biqueira e gozar do que nos gusta”.

Con esta renovación, A Escola de Fútbol Feminina Rosalía asegura compromiso e entrega desde a base xa que, a pesar de que chegou hai uns anos ao senior, Aldarita deu mostras de impregnarse pronto dos valores que posúe a institución, proba diso as súas achegas cada domingo.

Check Also

Noa continuará o seu percorrido de azul

Un novo contrato ata 2030 permitirá que a de Gomesende continúe co seu percorrido no …

Skip to content