Noa continuará o seu percorrido de azul

Un novo contrato ata 2030 permitirá que a de Gomesende continúe co seu percorrido no primeiro equipo feminino, ao que chegou hai 5 anos.

A relación de Noa Domínguez coa Escola de Fútbol Feminina Rosalía prolongarase por seis tempadas máis. Así, a futbolista gomensendesa manterá o seu compromiso co club e o status como xogadora que máis tempo leva no persoal, alcanzando con este acordo ata 2030 as súas trece tempadas consecutivas defendendo a camiseta azul.

No seu último curso, Noa disputou vinte partidos de Liga e os catro encontros da fase de ascenso ante Chantada, Silva e Domaio. Un número de encontros idéntico ao sumado a anterior campaña, a carrilera destra sempre destacou polo seu compromiso co equipo e coa camiseta cada vez que tivo a oportunidade nunha tempada na que conviviu con diferentes molestias.

A defensa sempre destacou pola súa garra no campo desde os seus primeiros partidos.

A futbolista ‘pontina’ indicou a esta páxina web que se sente “moi contenta e orgullosa de poder seguir gozando varios anos máis do equipo que tanto me dá. É unha alegría que o club siga confiando en min e estou disposta a traballar para que o sigan facendo”. Do mesmo xeito, é consciente da aprendizaxe que supuxo este curso para ela e para todas en xeral: “aprendín a non renderme a pesar de ter lesións e contratempos. Hai que traballar moito e loitar para que che chegue a oportunidade e sentirse ao nivel do equipo. Con todo esto que pasou, tamén aprendín que hai que gozar máis o día a día no campo e así o vou a facer a tempada que vén”.

“Espero achegar o mellor de min durante a tempada para atopar a mellor versión”

Para a próxima tempada, ten o desexo de poder achegar o máximo ao equipo nunha nova posición, debaixo dos tres paus, como porteira do primeiro equipo. Posto que tamén ocupou esporadicamente na súa primeiro campaña no club, concretamente no equipo de Fútbol sala: “Espero que a sorte me respecte, achegar o mellor de min durante a tempada para atopar a miña mellor versión nunha nova posición e que como equipo consigamos os obxectivos que nos propoñamos”

Por todo iso, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía alcanzou este acordo de renovación cunha futbolista que busca seguir crecendo dentro da súa mocidade, pero con esa experiencia que ostenta xa dentro do persoal pontina na Segunda División Galega.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content