“Con moitas gañas de comezar a competición, que levamos xa adestrando máis dun mes e temos gañas de xogar partidos”, resaltou a técnica.
Alba Rodríguez compareceu ante os medios depois do derradeiro adestramento previo ao debut na Liga Infantil Feminina Pizza Móvil (domingo, 10:30h, As Baloutas (Mos): “Adestrar está moi ben pero ao final o que esperamos é que os findes haia competición”, sinalou a adestradora.
Xogar por toda Galicia
“Si bueno, a verdade é que imos a ter viaxes máis longas pero xa metidas nos bus danos igual unha hora que duas. Coñecer novos campos, novos equipos, que tamén son outras experiencias para o equipo e as nenas”.
Favoritos
“Pois, a verdade, é que hai moitos equipos que non coñecemos pero supoño que o Victoria, tanto de Santiago como de Coruña, serán dous rivais moi fortes e, tamén pola copa Gallaecia, o Orzán ten moi bo equipo”.
Novas fichaxes
“Temos bastantes incorporacións este ano, nenas que dan un salto de calidade ao equipo. A verdade, moi competitivas, con moitas gañas de aprender e eu pensó que formando entre todas un gran equipo, un gran conxunto, para competir en todos os partidos”.