Táboas no derbi de Promesas

Adiantáronse as locais na primeira metade e as súas ‘compañeiras’ do equipo ‘Azul’ empataron 6 minutos despois.

Os dous equipos da Escola de Fútbol Feminina Rosalía na Liga Galega Promesas sumaron un punto no derbi entre os nosos dous representantes disputado este sábado no Municipal de Oira. O equipo de Javi Alonso foi o primeiro equipo que tivo opcións de gañar o partido e aproveitou para adiantarse no marcador cun gol de beleza factura. Non durou moito a alegría, seis minutos despois, os seus rivais esta semana, asinaron o empate cun bo tiro desde fóra da área.

Tras a continuación, a igualdade entre os dous equipos marco o desenlace final. A pesar de tentalo, o marcador non se movería, asinando táboas no encontro correspondente á terceira xornada da segunda fase.

Vídeo: Goles do partido.

Con este resultado, o Promesas ‘Azul’ encadea o seu segundo partido empatando e mantendo a imbatibilidade nesta segunda fase, mentres que o ‘Amarelo’ consegue estrear seu casilleiro.

Destacar que nos prolegómenos ambos os equipos, como é habitual no noso club, intercambiáronse os detalles cos que celebramos o nacemento da poetisa galega Rosalía de Castro, que dá nome ao noso club.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content