Comeza a Liga Promesas no Monte da Aira

As máis pequenas serán as últimas en volver á competición despois do equipo Infantil e Senior.

Máis dun ano pasou desde que as xogadoras da Escola de Fútbol Feminino Rosalía Promesas preparábanse para un partido oficial e, logo dunha espera moito máis larga da esperada, volven á competición oficial. Tarde, pero con moita ilusión volta a competición máis de base da Real Federación Galega de Fútbol, a súa terceira edición busca do seu segundo campión. A EFF Rosalía Promesas comezará como local recibindo ao Umia CF (domingo 18; 10:45h) facendo de teloneiras do equipo referente do club, o Senior.

Logo de dirixir a EFF Rosalía Promesas “B” a pasada campaña, María Feijóo estará aos mandos, que ao mesmo xeito que o seu axudante, Miguel Saa, forman parte da estrutura do equipo Senior, ela como xogadora e Saa como técnico.

Feijoo atendeu á web do club antes do estreno das nosas pequenas e indicounos que “as nenas están moi ilusionadas, pero inda non están ao 100%, cousa completamente entendible xa que non puidemos realizar unha pretempada normal na que podernos preparar para o inicio da Liga. Iremos un pouco sobre a marcha para adaptarnos ao novo sistema e que as nosas rapazas vaian collendo confianza”. Esta tempada o plantel estará composto por 19 xogadoras, de entre 7 e 11 anos, situación que a técnico analizou: “é difícil porque temos unha mezcla de nenas que nunca xogaron, outras que si xogaron pero que apenas teñen experiencia e despois o caso contrario de rapazas que son máis maiores e que teñen experiencia, facer adestramentos para todas é complicado porque temos que estar adaptando todo para os niveis de cada xogadora”.

“Sen dúbida este ano temos unha mezcla dos dous equipos inscritos na tempada pasada, non aspiramos nin a gañar a fase de grupos nin tampouco a quedar das últimas, o equipo ten que moverse pola metade da táboa, en eso somos realistas. Pero como todos sabemos, calqueira cousa pode acontecer no fútbol e máis esta tempada que é tan imprevisible”, rematou dicindo.

Dende o club, devido as limitacións de aforo, habilitouse un enlace para todos os interesados en ver a estrea da EFF Rosalía Promesas: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeHZKHLLUVyYQSRjnkMzu11mBt0-qJkyMnl1eDL_OSRZiVPGQ/viewform?usp=sf_link

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content