Pleno de victorias en Valladares

Comezou a segunda fase da Liga Galega Promesas. Fase por concentracións, a primeira disputouse no Campo da Gándara de Valladares, fermoso sábado de fútbol feminino cos catorce equipos en liza. Organización perfecta por parte das nosas amigas do clube local, varios medios de comunicación ata alí desprazados e moito público durante toda a xornada.

As primeiras en abrir a competición foron as nosas xogadoras do “A” de Alba Rodríguez, enfrontáronse ó Escolas Calvo Sanz de Carballo, terceiro clasificado do grupo norte e que puxo as cousas moi duras as nosas. Comezou o partido con moitos nervios nas nosas xogadoras, a pesar de porse por diante no marcador as rivais conseguiron remontar e marchar para o descanso cunha cómoda diferencia de goles 1-3 que facía presaxiar o peor. Pero o ADN loitador das nosas senior parace ser común a todos os equipos do Rosalía e as nosas promesas “A” na segunda parte repuxéronse de tal forma que foron quen de voltear o partido e gañalo cun cómodo marxe. Gran actitude das nosas que non dubidaron en comer algo antes de ir ver e animar as peques do “B”

Despois da victoria matinal as nosas repostaron antes de ir animar as peques

O promesas “B” comezou a súa participación cunhas vellas coñecidas e boas amigas tamén, enfrontándose ao Sporting Club San Mateo. As peques de Juanma inda tiñan fresca na memoria a derrota en Salvatierra pola mínima cun gol “pantasma” e sairon dende o primeiro minuto ca idea clara de tomarse venganza. Un tempraneiro tanto a favor tranquilizou e fixo coller confianza as nosas que rematarían a faena na segunda parte ante os ánimos dende a grada das súas compañeiras do “A”.


Tremenda participación do noso “B” no verde da Gándara de Valladares

Tocaba ir a comer e no Restaurante Moisés coller forzas para os encontros da tarde. Animada comida, bonita convivencia de todas as xogadoras dos dous equipos e sobre todo moitas moitas risas…

Moi bo ambiente entre todas as xogadoras desprazadas a Valladares

Pola tarde o partido estrela era o do noso “A” contra o Orzán. Os dous primeiros clasificados do norte e do sur median as súas forzas. O Orzán púxose por diante no marcador nada máis comezar o encontro, pero as nosas comezaron a realizar o seu xogo e a dominar o partido remontando e levando a iniciativa do xogo en todo momento. Na segunda parte, na que as nosas dominaban posicionalmente o partido a apenas cinco minutos de rematar e nunha das contadas chegadas do Orzán a nosa área, empataron o partido. Cando parecía que o partido remataría en táboas a pesares do asedio das nosas sobre a portería rival, un gol a piques de rematar o partido diunos unha merecida victoria moi celebrada polas nenas e pola grada do Rosalía.

Celebración do gol da victoria a un minuto do final do encontro

Pechábamos a nosa participación na primeira concentración co partido do noso “B” contra o Pastoriza. O Pastoriza “A” está formado por benxamíns e prebenxamíns na súa totalidade, un equipo moi moi noviño en idade o que fixo que estivera desnivelado ó noso favor dende o minuto un de xogo. As xogadoras de Juanma en todo momento respetaron a unhas rivais que nun futuro terán moito que dicir co balón nos pes.

O noso promesas “B” posando co Pastoriza “A”

A próxima concentración será o 23 de marzo na Coruña e esperamos que siga o bo nivel demostrado polos nosos dous conxuntos, ainda que o que de verdad lles pedimos e que disfruten e o pasen ben tanto nos viaxes, como nos partidos e ña convivencia entre elas e cas rivais… a seguir Rosalías!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content