A directiva da Escola de Fútbol Feminino Rosalía comunica que na mañá de hoxe recibiu unha chamada da Real Federación Galega de Fútbol informando o club do seu ascenso a 3ª Federación de Fútbol Feminino.
Este ascenso prodúcese tras a resolución relativa á cobertura de vacantes no Grupo 1º da 3ª Federación de Fútbol Feminino para a temporada 2026/27, motivada polo incremento do número de equipos participantes na categoría, que pasa de 12 a 14 equipos. Na devandita resolución, a Escola de Fútbol Femenino Rosalía figuraba como primeiro club con mellor dereito deportivo para cubrir unha vacante en caso de renuncia ou imposibilidade dos equipos descendidos. Finalmente, tras a renuncia do Sárdoma CF a manter a súa praza na categoría, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía adquire o dereito de ocupar a devandita vacante e consuma así o seu ascenso.
Desta maneira, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía alcanza un fito histórico para a entidade e para o fútbol feminino ourensán, converténdose no primeiro club da provincia en chegar a unha categoría tan alta desde a nova reestruturación do fútbol feminino a nivel nacional.
Desde a directiva queremos felicitar ás nosas xogadoras, corpo técnico, familias, patrocinadores e afección polo traballo, o compromiso e o apoio demostrado durante toda a tempada. Este ascenso é o resultado do esforzo colectivo e da confianza nun proxecto que segue crecendo ano tras ano.
Hoxe é un día histórico para a Escola de Fútbol Feminino Rosalía e para o deporte feminino ourensán.
Directiva Escola de Fútbol Feminino Rosalía.


E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino