Comunicado oficial: Partido España-Italia

Desde o Club da Escola de Fútbol Femenino Rosalía, queremos manifestar a nosa satisfacción pola celebración do partido internacional entre as seleccións femininas de España e Italia, que se vai levar a cabo o próximo venres 1 de decembro no Estadio de Pasarón de Pontevedra.

É sen dúbida, unha grandísima oportunidade para todo o fútbol feminino galego e sabemos que suporá unha gran ilusión entre as nenas que xogan nos nosos equipos. Por isto, estamos moi agradecidas á Real Federación Galega de Fútbol por poñer en marcha iniciativas coma esta.

Do mesmo xeito, satisfácenos a alta demanda de entradas para asistir a dito partido. Gustaríanos que ese interese tivese continuidade e se trasladase ás nosas competicións para que os nosos equipos recibisen un maior apoio cada fin de semana.

Estamos sinceramente agradecidas á Federación por pensar en nós e facilitarnos a oportunidade de adquirir entradas a un prezo bonificado nun 20%, que destinaremos principalmente ás nosas xogadoras, que son as que viven este partido coa máxima ilusión.

Consideramos que dar preferencia aos clubes femininos foi un moi bo acerto e agardamos aproveitar a oportunidade que se nos brinda para vivir unha gran festa do fútbol feminino en Pontevedra, a cidade de Teresa Abelleira, nosa xogadora referente que tamén vai vivir un día moi especial. Por todo isto pedímoslle á Federación que nun futuro poidamos contar con moitas oportunidades similares.

Check Also

Comunicado oficial: Adiado o EFF Rosalía-Lóstrego CF ‘B’

A última hora de onte a Real Federación Galega de Fútbol infórmanos do adiamento do …

Skip to content