Partido adiado Lóstrego CF “B”

A Real Federación Galega de Fútbol comunica a data e horario do partido adiado da xornada 18 fronte ao Lóstrego CF “B”.

Na tarde de onte a Real Federación Galega de Fútbol comunica oficialmente que o encontro pertencente á decimo oitava xornada do campionato, que se viu adiado por casos de Covid no plantel pontino, disputarase finalmente o xoves 7 ás 21:00 horas no Municipal de Oira.

En comunicación oficial a RFGF informa:
A RFGF, no exercicio das funcións propias federativas delegada, e de conformidad co disposto no artigo 114 e) dos Estatutos da RFGF, acordou que o encontro EFF ROSALIA – LÓSTREGO CF, correspondente á LGF 2ou DIVISIÓN, disputarase no horario que se sinala a continuación:
LGF 2ou DIVISIÓN: EFF ROSALIA – LÓSTREGO CF, XOVES 7 DE ABRIL Ás 21:00 HORAS
A obligatoriedad de tal horario, vén determinada polos efectos clasificatorios que puidesen derivarse do citado encontro e afectasen directamente á xornada unificada do domingo día 10 de Abril de 2022.

Deste xeito, o noso equipo sénior disputará dous partidos esta semana, o xoves fronte a Lóstrego e o sábado o ‘derbi’ da A-52 fronte a Cañiza CF.

Check Also

Comunicado oficial: Adiado o EFF Rosalía-Lóstrego CF ‘B’

A última hora de onte a Real Federación Galega de Fútbol infórmanos do adiamento do …

Skip to content