Comunicado oficial: Retorno da actividade en toda a escola

Ca nova desescalada anunciada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a directiva da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía decidiu retomar a actividade deportiva de todos os equipos pertencentes ao club.

Si ben é certo que a semana pasada permitiron adestramentos e competicións a nivel autonómico, na EFF Rosalía decidiuse retrasar o comezo da actividade debido a que os peches perimetrais seguían en vigor para os equipos que non tiveran calendario competitivo, motivo polo que a maioría das xogadoras azuis non podían asistir ao desprázarse dende outros concellos.

Os equipos da EFF Rosalía adestrarán de luns a venres.

Unha vez aberta a posibilidade deses desprazamentos, a EFF Rosalía toma a importante decisión de retomar os adestramentos o vindeiro luns co equipo Infantil, xa inscrito en competición e co compromiso da Federación Galega de Fútbol de que a semana que ven abrirase o prazo de inscripción para o equipo Senior e as máis pequenas do equipo Promesas. Comezarán así unha desescalada os tres conxuntos, Senior, Infantil e Promesas, ca mira posta nunha competición express a cal despois dun ano enteiro sen poder disfrutar, ben seguro que saborearearán e disfrutarán todos os clubes.

Check Also

Partido adiado Lóstrego CF “B”

A Real Federación Galega de Fútbol comunica a data e horario do partido adiado da …

Skip to content