“Xa tiñamos gañas de volver a empezar e visto que agora si xa vai a haber competición, pois buscamos esta posibilidade de ter dous partidos e todo o que sexa traballar estamos pola labor”, explicou o técnico.
O adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Miguel Saa, compareceu en roda de prensa telemática na previa dos dous amistosos contra o Velle e Vitoria de Santiago: “O partido contra o Velle si que conto que sexa un partido máis igualado e disputado, sobre todo polo feito de ser un equipo dirixido por Alonso, xa que todos os seus equipos son “guerreiros” pero espero con aia a desigualdade que houbo contra o Lóstrego. Contra o Victoria tamén espero un partido igualado e cunha xogadoras rivais futbolistas. O Victoria, sempre se espera que sexa un equipo de toque y de propor un bo xogo. Polo que espero os dous partidos igualados e polo menos competir”.
Estado físico
“A nivel físico quizais si estamos ben pero están nunha época de estrés, están moitas con exames e pódelles condicionar pero a nivel físico non creo que teñamos moito problema por iso, a parte subirá algunha infantil polo que non debería ser escusa”.
Rivais
“Eu, por preferir, sempre me gusta que nos esixan. Creo que é bo ter sempre máis traballo, ao final se é un partido no que te ves superior e o rival non te esixe vaste desgustado do traballo feito con respecto a outros días. Por exemplo, o día do Lóstrego nos esixiron e foron noventa minutos de esforzo e aproveitados, mentres que se é un rival ao que gañas con facilidade e a intensidade e o esforzo é menor, non notas esa aproveitamento”.
Amigables
“Todo vai a depender do prazo oficial de comezo de tempada. Se houbese tempo, si. Nos gustaría meter as xogadoras nunha dinámica de adestramentos semanais e partido o fin de semana para que se vaian adaptando a iso, sendo o ideal. Pero todo vai a depender de cando empecemos”.
Pretempada curta
“Esta vez parece que o tempo vai a ser máis xusto porque a data de inscrición dos equipos foi máis pronto do que esperábamos. Non podemos poñer iso como escusa pero unhas dúas semaniñas máis de traballo as houbésemos agradecido”, rematou afirmando.