Fara Antolín convocada pola selección sub-17 galega

A centrocampista márchase esta semana para disputar dous partidos da primeira fase do Campionato de España.

Fara Antolín incorpórase á expedición auntonómica coa selección sub 17 na que disputará os días 1 e 3 de abril dous partidos correspondentes á 1ª fase do campionato de España sub 17 feminino. O primeiro deles será ante Canarias, no Municipal de Pastoriza o venres 1 de abril; o segundo será o domingo e en fronte estará a selección de Extremadura.

A ourensana, de 16 anos, convértese na primeira xogadora da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en ser convocada para un partido oficial da selección autonómica galega. Esta non será a súa primeira experiencia “internacional”, ao formar parte no seu momento da selección sub 15 na tempada 2019/20.

Fara chegou á disciplina do equipo sénior este verán.

A centrocampista coñeceu a súa convocatoria despois do último adestramento de onte martes baixo as ordes do seleccionador, Quin Valbuena. Antes que Fara, Candela Bouzas Nieto foi a primeira ‘Rosalía‘ en ser citada aos adestramentos preselección da sub 12 no ano 2019, logo seguiríana Rocío na sub 15 e Daniela a pasada campaña na sub 12, pero ningunha pasou o ‘corte’ dos distintos seleccionadores. As 18 xogadoras citadas polo técnico para o dobre enfrentamento desta fin de semana son:

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content