Segunda xornada a domicilio das Promesas

Os dous equipos representantes da EFF Rosalía na Liga Promesas terán os seus compromisos novamente a domicilio na matinal do domingo.

O estreo da segunda volta da competición para os dous equipos representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Liga Galega Promesas será a domicilio. A EFF Rosalía ‘A’ viaxa a Barrantes para enfrontarse ao Umia, mentres que Rosalía ‘B’ terá un desprazamento máis próximo, a Mos.

Umia CF-Rosalía ‘A’
Terminou a primeira volta con bo sabor de boca o equipo dirixido por María Feijóo ao gañar os tres puntos en Caldas, pero non co xogo visto sobre o terreo de xogo. Terán unha nova oportunidade de demostrar o aprendido durante a semana en Barrantes. En fronte, Umia CF, terceiro clasificado que precede ás pontinas con 24 puntos. Duro rival a domicilio, 5 vitorias e 1 derrota é o seu balance na Bouza. Si as de Feijóo queren seguir na loita polo ascenso á fase final polo título, terán que empregarse a fondo e sacar algo positivo do partido do próximo domingo (11:00h, A Bouza). O partido da primeira volta terminou con vitoria das “viquingas” por 3-4.

O partido da primeria volta decidiuse cun gol de diferencia a favor do Umia.

UD Mos-Rosalía ‘B’
Si as súas compañeiras do ‘A’ teñen un partido complicado, o rival da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ‘B’ aínda o é máis. As de Javier Alonso visitan ao líder indiscutible da competición (10 vitorias) con 30 puntos de 30 posibles. As máis pequenas terán unha nova semana para seguir adquirindo experiencia a pesar do rival que teñen en fronte. O resultado, o de menos.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ e derrota do Cadete ‘Azul’. Nova fin de semana con partidos …

Skip to content