“Este foi un partido para darnos conta do que non se pode voltar a repetir”, dixo o técnico.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira trala victoria contra o Bueu, que aupa ó equipo a parte alta da clasificación. O adestrador dixo: “Gañamos o partido pero non podemos estar contentas, para min foi unha derrota en canto a xogo e comprensión do partido por parte das xogadoras. O partido foi ante un rival compricado e o compricamos máis ainda porque foi o peor partido que xogamos ata agora”.

“Só xogamos ben os últimos 20 minutos da primeira parte, que coincidiu cos dous goles de Yadira. Os restantes 70 minutos, vou ser claro, foron un desastre en todos os sentidos. As veces hay que facer autocrítica para mellorar, este foi un partido para darnos conta do que non se pode voltar a repetir”.

Golpe na mesa

“Dase un golpe na mesa xogando ben e merecendo gañar un partido. É certo que gañamos pero estaría máis contento perdendo o partido e xogado moito mellor e que as rapazas o dirán todo, pero non foi así. Sempre digo que os puntos e gañar para min son secundarios, eu prefiro xogar ben, merecelo, dalo todo no campo e trasladar o que se entrena pola semana no campo.  Para min vale máis a forma de gañar un partido que conseguir os 3 puntos”.

Centráis, Isis e Cae

“Eu confio cegamente nas xogadoras e cando xogan un mal partido hay que animalas e darlle seguridade. O que non vou a permitir é que cada unha faga o partido que quera individualmente sen contar co colectivo. O que fai unha xogadora no campo repercute nas demais. Hay que analizar o partido, falar con elas, que me den o seu análise de maneira individual e saber en que se errou para non voltar a repetí-lo”.

Lección de aprendisaxe

“As xogadoras teñen que darse conta dos erros e intentar correxilos e sobretodo aceptar as críticas constructivas para mellorar. Eu non quero machácalas, nin quero botar broncas nin discutir con elas. Só quero darlle feedbacks constructivos e facerlles entender os erros para non repetilos.

Non vale de nada botar broncas por erros cometidos, porque logo estarán máis atentas a que non discuta con elas e non en correxilos erros.

Hay que falar as cousas e entre todos correxilas”.

Falla de pegada

“Creamos moitas ocasións nos partidos, é certo que sempre temos 10 ocasións de gol por partido e algunhas moi claras pero o problema non e aproveitalas, o problema é saber definilas e para saber definilas hay que ter boa base técnica, e a maioria das xogadoras erran esas ocasións por falla de técnica. Por iso estamos traballando sempre con balón e correxindo os golpeos e como se deben materializar e con que parte de contacto debe facerse. Eso leva tempo, hay que traballalo moito, porque teñen erros moi marcados que son difíciles de correxir”.

Portería a cero

“Eu prefiro xogar ben e gañar 1-0 que gañar xogando mal 4-2. Se gañas 1-0 pero eres superior e merécelo e non recibes gol é porque a nivel grupal e defensivo fixéchelo ben. Se te marcaron 2 goles algo mal fixeches a nivel defensivo, gañaches marcando máis goles pero cometiches erros”.

Pola sua parte, Alejandro Pastoriza, adestrador do CD Bueu analizou da seguinte  maneira o encontro: “O partido foi moi confuso para ambos bandos. Nós na primeira parte, sen ocasións de gol e con moi pouco ritmo de partido. Esto o aproveitou o Rosalía, que saiu dende o minuto 1 ó partido e aproveitou dita relaxación nosa para adiantarse. 

Resultado curto na primeira parte

“Poideron ser máis de dous goles de non ser polo acerto da nosa porteira Caludia”

Segunda parte totalmente diferente

 “Tralo descanso o Bueu púxose as pilas e saliu polo encontró conseguindo empatar e provocando que o Rosalía tivera moi poucas ocasións de xerar gol. Tras unha xogada desafortunada da defensa tras un combinado de varios despexes ao borde do área o Rosalía aproveita para voltar a anticiparse. O último xa chegou no minuto final”

Resultado inxusto

“O xusto tras unha moi boa parte do Rosalía e un Bueu superior na segunda sería un empate por méritos de ambos”

Lara e Elena

“As duas dianteiras coa sua incansable presión e insistencia mantiveron a tensión durante todo o encontró tras insistir unha e outra vez na portería rival sen moito acerto”

EFF Rosalía

“O Rosalía é un equipo competitivo que cada vez que nos enfrentamos obsérvase melloría no grupo de rapazas. Equipo xoven e con gañas que dan moita guerra aos adversarios”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content