Mentres as “maiores” do equipo viaxan a Mos, as máis pequenas disputarán un amistoso co prebenxamín da AD Bosco en Salesianos.
Nova fin de semana de competición na Liga Promesas e primeiro partido a domicilio para o equipo das máis pequenas da escola. Viaxan para visitar á UD Mos (sábado, 18:00h; As Baloutas), o equipo favorito no Grupo Sur, que a tempada pasada lideraba a clasificación antes da suspensión pola pandemia e comezou esta gañando ao Valladares na primeira xornada.
María Feijóo convocou a 12 xogadoras, que viaxan con tódala ilusión e intención de facer un bo partido e plantarlle cara ás amarelas nas Baloutas e tratar de traerse algo positivo e así continuar a racha de los resultados coa que empezaron a pasada xornada.
Antes, ás 11:00 da mañá e no Campo do Colexio Salesianos, as xogadoras máis pequenas do equipo Promesas, disputarán un amigable contra a AD Bosco prebenxamín. Esta tempada o noso promesas ten unha diferencia de idades moi dispar na súa plantilla e é por eso que dende o clube se optara por buscarlles amigables alternativos ás máis peques da escola para que disfruten da competición.