Fin de semana das Promesas

Os dous equipos representantes na Liga Promesas xogaron os primeiros partidos a domicilio do 2022 en Caldas e Vilagarcía.

Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Liga Galega Promesas Feminina. O Promesas ‘A’ logrou os tres puntos en Caldas, mentres que o Promesas ‘B’ tiña un rival moi forte enfrente no seu primeiro desprazamento de ano a Caldas e Vilagarcía.

Caldas CF-EFF Rosalía ‘A’
As de María Feijóo lograron os primeiros tres puntos do ano nun partido que se puxo de face nos primeiros dez minutos. A resposta local non se fixo esperar e lograron empatar o partido con senllos goles afastados, 2-2. A partir dese momento, o encontro converteuse nun correcalles onde se volveron a adiantar as azuis. Resultado que non durou moito ao volver poñer táboas no marcador o Caldas. O signo do partido non cambiou e, unha vez máis, adiantáronse no marcador as de Feijóo. Caldas non cambiaba de estilo, xogo directo con tiros afastados, que funcionou nuevamente ao empatar o partido, 4-4. Aínda habería máis goles, todos do Rosalía, que lograba unha distancia de dúas dianas xa insalvable para as locais. Ao final do partido, a técnica non se mostraba contenta co visto no campo: “Non estamos contentos co mostrado no partido. Agora mesmo as nenas están experimentando o cambio de promesas a infantís e están sendo unhas semanas de transición e moita carga física, o que fixo que non saísen centradas. Creo que mostramos un xogo superior ao das rivais pero está claro que cando un equipo quere saír a aprender e o outro a gañar non se pode facer nada. Podía haber sido un partido moito máis fácil pero é mellor que estes partidos sexan agora e así ter moito máis marxe a hora de correxir errores”.

Convocatoria do Promesas ‘B’ en Vilagarcía.

Atlético Arousana-EFF Rosalía ‘B’
As máis pequenas medíronse a un rival que non coñece a derrota en casa e iso viuse reflectido no terreo de xogo. O encontro comezou de xeito inmejorable para as locais. Aos cinco minutos o Arousana adiantábase no marcador. Co mal sabor de boca do gol encaixado aínda na memoria, nuevamente outro jarro de auga fría co segundo. Resultado co que terminou a primeira metade. Na segunda metade o partido volveuse mais monótono. Isto aproveitouno o equipo de María Coba para sentenciar e continuar o seu racha de partidos invictas no Manuel Jiménez Ábalo.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Skip to content